24 de xul. de 2024

TUI

Este venres proxéctase “A viaxe de Ernest e Celestine” 

Será ás 22.15 h, no Paseo Fluvial, con entrada de balde 




Infogauda / Tui

 O cinema volve este venres ao Paseo Fluvial que converterase nunha gran sala de cinema ao aire libre coa proxección de “A viaxe de Ernest e Celestine”. Será ás 22.15 h con entrada de balde. 

 O filme, dirixido por Julien Cheng e Jean-Christophe Roger, ten unha duración de 80 minutos. Ernest e Celestine regresan ao país de Ernest para poder arranxar o seu violín estragado. Pero ao chegar descobren que alí a música está prohibida dende hai anos.  Tentan poñer fin a esa inxustiza coa axuda dos seus cómplices, entre os que está un misterioso xusticeiro enmascarado, e devolver así a ledicia ao país dos osos.  

 A película estivo nominada aos ao Mellor Film de Animación no Premios César, e á Mellor Película Independente nos Premios Annie.  

 A próxima cita co cinema ao aire libre en Tui será o venres, 9 de agosto, ás 22. 15 h, tamén no Paseo Fluvial, coa proxección de “Salta!”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario