VECIÑOS DO CARBALLO, EN GOIÁN, DEMANDAN SOLUCIONS "ANTE O CAOS DE TRÁFICO" QUE ESTAN PADECENDO
Infogauda / Goián
Hai incomodo no barrio do Carballo, en Goián, no termo municipal de Tomiño. Iso é, o que se desprende da comunicación e fotografías - documentanto á existencia de danos patrimoniais en bens privados -, recibidas na redacción deste xornal dixital transfronteirizo, onde nosos remitentes dan conta dos motivos que lles afectan, e dos cales xa informamos en Infogauda, con anterioridade. Volvémolo a facer, na procura de tentar que o colectivo veciñal reciba, de quen corresponde, á atención que precisa.
"Denunciamos a falta de transparencia, de ideas, de compromiso, e de vontade política para dar solución ao grave problema do tráfico creado en Goián por este Goberno municipal, cortando a principal arteria de circulación e de saída da vila. A consecuencia desta decisión política, tomada sen consenso coa veciñanza nin comerciantes, é que caminos rurais e residenciais están a soportar un aumento desmesurado do tráfico pesado sen estar acondicionados para iso, creando malestar, inseguridade para os peóns, contaminación acústica e mesmo danos patrimoniais nas súas propiedades.
Este é o caso que nos ocupa e preocupa aos veciños e veciñas do Carballo que levamos demandando solucións ao Concello dende o ano 2021, presentando escritos e instancias por rexistro, presentando mocións ó Pleno a través do grupo municipal do PSdeG-PSOE e mesmo denuncias ante a Guarda Civil sen obter ningunha resposta nen iniciativa ata o de agora.
A concellería de Tráfico foi incapaz despois de tres anos de buscar unha solución para que o tráfico poida convivir cos peóns sin comprometer a súa seguridade tal e como se está a facer noutras Vilas e Pobos da nosa contorna.
Onde quedou o espíritu de escoitar ás persoas?
Onde están os prometidos Consellos Parroquiais para darlle solución as demandas das quince parroquias de Tomiño?
Promesas electorais baleiras que nunca tiveron intención de levar á cabo porque este Goberno é máis de mando e ordeno que de escoitar e consensuar.
Os veciños e veciñas do Carballo imos moi fartos e non descartamos, se nun prazo prudente non se achegan a falar con nos, mobilizacións cidadás para que nos escoiten e nos den solucións.
Agardamos unha pronta xuntanza e unha solución beneficiosa para todos e todas."
Ningún comentario:
Publicar un comentario