11 de xul. de 2024

TUI

O Concello de Tui instalará unha gran pantalla na Corredoira para seguir a final da Eurocopa

Estará operativa dende as 20:00 horas


Paseo da Corredoira
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 O Paseo da Corredoira vibrará este domingo coa final da Eurocopa entre España e Inglaterra. O Concello de Tui instalará unha pantalla de grandes dimensións, 3x6 metros con tecnoloxía led, nas inmediacións da Oficina Municipal de Turismo, para poder seguir este histórico partido.  

 Dende as 20:00 horas estará operativa a pantalla para poder seguir os minutos previos ao encontro no que España buscará lograr o seu  cuarto Campionato de Europa. 

 Serán instaladas 200 cadeiras para poder seguir comodamente o partido, nun espazo no que hai cabida para moitas máis persoas, todos e todas os que desexen vivir na rúa toda a emoción desta final.  

 O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, convida á cidadanía a achegarse o domingo até a Corredoira e vivir toda a emoción do fútbol neste céntrico paseo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario