11 de xul. de 2024

VAL MIÑOR

XEIRA DO IEM POLA ESTRADA REAL DA RAMALLOSA AO BURGO

Este venres día 12 de xullo, ás 18h., saíndo da Ponte Vella da Ramallosa, do lado de Nigrán


Anxo Rodríguez Lemos, membro da sección de historia do IEM, doutor en Historia Contemporánea, e cronista oficial de Baiona, será o guía desta xeira
Ponte Vella da Ramallosa


IEM / Val Miñor

 Continúan as xeiras do programa de verán do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM).   

 Este venres día 12 de xullo tocaralle a quenda a un paseo pola historia da antiga Estrada Real, saíndo da Ponte Vella da Ramallosa, do lado de Nigrán, ás 18 h. para continuar o percorrido analizando feitos e fitos históricos no seu tramo ata o barrio antigo do Burgo en Baiona. Será guiada polo membro da sección de historia do IEM, o doutor en Historia Contemporánea Anxo Rodríguez Lemos, cronista oficial de Baiona.  

 A xeira será lineal, comezando na praza que hai na Ponte Vella da Ramallosa no lado de Nigrán, e rematando no barrio do Burgo, na entrada de Baiona. As persoas interesadas en asistir só teñen que presentarse antes das 18 h no punto de partida, con calzado cómodo e gañas de andar e ir escoitando anacos de historia e anécdotas dunha vía que artellou o desenvolvemento dunha parroquia como Santa Cristina da Ramallosa, en Sabarís, e o barrio do Burgo en Santa Mariña de Baíña.   

Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/uYsyJ8F1vUmZSp6m8  

Ningún comentario:

Publicar un comentario