Cita coa música tradicional no Encontro dos Pobos
Este sábado, 27 de xullo, ás 20.00 horas, na praza Centinela
Infogauda / Oia
O festival de música tradicional Encontro dos Pobos, que cada ano organiza a agrupación musical Do Lusco ó Fusco en diversos municipios do Baixo Miño, chega este ano á súa edición número XXIX.
Ao igual que en anos anteriores, Oia acollerá parte da programación, cun concerto que reunirá, este sábado na praza Centinela, música e tradición de orixe galega, portuguesa e serbia. Vai ser este sábado, 27 de xullo, ás 20.00 horas, na praza Centinela. Contará coa participación dos grupos tradicionais Tra-lo Mosteiro (Oia), Do Lusco ó Fusco (A Guarda), Martir S. Sebastiâo (Coimbra - Portugal) e Ensemble Dido (Serbia).
Con este festival, dirixido tanto ao público local como a visitantes que pasan estes días pola zona, o barrio histórico de Oia converterase en escenario de intercambio cultural a través da música de territorios como o Baixo Miño, Coimbra (Portugal) e Serbia.
Co gallo da celebración do Encontro dos Pobos, o Concello de Oia informa de que a praza Centinela permanecerá cortada ao tráfico durante a tarde do día do concerto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario