29 de xul. de 2024

DEPORTES

ATLETISMO

BRONCE POR EQUIPOS PARA ÁLEX SIERPES PEREIRA

Co Sport Lisboa e Benfica, no Campionato Nacional de Portugal sub20  

Álex e Christian Sierpes Pereira
A der.:  Álex Sierpes Pereira no podio cos atletas xuvenís do Sport Lisboa e Benfica


 Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Esta pasada fin de semana celebrouse nas pistas do estadio Manuela Machado, de Viana do Castelo, o Campionato Nacional Junior de pista ao aire libre, que albergaba tanto o individual como por equipos. 
 A pesar de que Álex Sierpes Pereira é atleta xuvenil de primeiro ano (2008), a entidade lusa incluíuno dentro da lista de convocatoria para representar as cores da aguia lisboeta, nas probas de medio fondo 1.500 metros lisos e en 800 metros lisos, enfrontándose a atletas maiores que el do ano 2005 e 2006. 
 A esta convocatoria tamén lle acompañaron os seus pais que son os seus actuais adestradores e o seu irmán, podendo gozar dunha experiencia inesquecible, onde lles fixeron sentir desde dentro do todo o cadro de persoal técnico as cores deste gran escudo, con charlas previas de motivación e valores do ámbito deportivo que chegaron ao corazón.
 Este campionato dividiuse en dúas xornadas: mañá e tarde do sábado, e mañá do domingo. 
 Sierpes defendeu as cores granates o sábado pola tarde, na proba da final dos 1.500 metros lisos, onde partía con moitas posibilidades de facelo ben e vaia se o fixo ben, pois logrou facerse coa medalla de prata cun rexistro de 4´01"46 nunha carreira táctica, resolvéndose a falta de 300 metros, medalla que non suma por individual ao ser español, pero si suma puntos para a puntuación do equipo. 
 Xa o domingo en xornada de mañá repetiu medalla de prata na proba de 800 metros lisos, onde sorprendeu a todos de novo, porque saía cunha marca discreta sen opcións a facer grandes cousas, véndose prexudicado dobremente ao saír na primeira serie máis lenta de atletas participantes. 
 Aínda así, Álex con todo perdido, saíu a facer a súa carreira, mellorando a súa marca persoal en 5 segundos que lle levaron a entrar en meta en primeira posición gañando a súa serie, cun estupendo crono de 1´53"55 que ao mesmo tempo logrou situarse mellor marca galega da categoría xuvenil sub18 da tempada pista ao aire libre 2024. 
 Despois de disputarse as restantes series resultou ser prata de novo, axudando así desta maneira para seguir colaborando para a puntación do equipo. 
 Ao final do campionato a sorpresa foi maior cando no computo da suma de puntuación, o Benfica conseguiu o bronce por equipos masculino onde se sumou tamén o equipo feminino co seu bronce por equipos facendo dobrete. 
 Con estes grandes resultados Álex dá por finalizada a tempada de pista ao aire libre 2024 cos seus respectivos clubs. Agora toca gozar as vacacións de verán no mes de agosto, antes de afrontar a pretemporada invernal de cros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario