2 de xul. de 2024

A GUARDA

O Concello de A Guarda renova a rede de auga da rúa Rosentes e do camiño da Gudela  

 

O alcalde de A Guarda e o concelleiro de Infraestructuras, Vías e Obras, Servizo Cidadán e Personal, na zona onde se están realizando ás obras
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer público, este martes día 2 de xullo, que "iniciou hai 10 días as obras na rúa Rosentes e no Camiño da Judela para a renovación integral da rede de auga.  

 A obra responde as demandas dos veciños e veciñas que sufrían cortes e un mal funcionamento do servizo de auga polas fugas que había nas tubaxes.  

 Con esta renovación integral preténdese garantir o servizo de auga á veciñanza sen que sufran máis inconvenientes no futuro".

Ningún comentario:

Publicar un comentario