Mostra Filatélica e Coleccionismo
XXVIII ExfiMiño
Do 5 ao 10 de agosto de 2024, na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
Do 5 ao 10 de agosto de 2024 terá lugar na Casa dos Alonso, a XXVIII ExfiMiño na que se conmemorará o primeiro centenario do inicio das obras do monumental viacrucis do Monte Santa Trega.
A inauguración terá lugar o día 5 de agosto, ás 20:30 despois do pregón das Festas do Monte Santa Trega.
Desde a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa poñerase en circulación un selo do viacrucis, así como un cuño conmemorativo, poñendo así en valor un ano máis a cultura guardesa.


Ningún comentario:
Publicar un comentario