11 de xul. de 2024

A GUARDA

Continúan, un verán máis, as saídas gratuítas de navegación co  volanteiro Piueiro 




Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda colabora un ano máis coa Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, e durante os meses de verán ofrecerán saídas gratuítas de navegación pola costa co volanteiro Piueiro.  

 A Oficina de Turismo de A Guarda (praza do Reló) xestionará as reservas das saídas a partir do sábado anterior ás saídas da semana seguinte. As reservas poderanse realizar presencialmente (que terán prioridade) ou chamando ao teléfono 986 61 45 46 en horario da oficina, que está aberta de martes a sábado.  

 Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Lémbrase que é preciso estar 15 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do Muelle Alto) e a saída náutica terá unha duración aproximada de 45 minutos.  

 Os horarios previstos das saídas diarias son 16:30h, 17:30 e 18:30h e as datas previstas, segundo semana son:  

Xullo:     

• Luns 15 e xoves 18     

• Martes 30  

Agosto:     

• Venres 2    

• Mércores 14 e sábado 17     

• Martes 20 e venres 23    

• Martes 27 e sábado 31  

Setembro:     

• Martes 3      

• Luns 9 e mércores 11  

 Estas saídas de navegación comezaron a pasada fin de semana coincidindo coa Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira e continuarán esta fin de semana con motivo da Rosegha, xuntanza mariñeira organizada pola propia Asociación Piueiro. Durante este verán esta asociación compaxinará as saídas de navegación coa participación noutros eventos difundindo a nosa cultura mariñeira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario