11 de xul. de 2024

A GUARDA

O Concello instalará unha pantalla xigante na praza do Reló, para  desfrutar da final da Eurocopa   

A emisión comezará ás 20:00 horas, xusto unha hora antes do inicio do partido


Vista da praza do Reló, na vila de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Como é de dominio público, este domingo 14 de xullo, a selección española de fútbol masculino vai xogar a final da Eurocopa en Berlín.   

 "Coñecendo a gran afección futbolera guardesa, o Concello decidiu instalar unha pantalla xigante na praza do Reló. A emisión comezará ás 20:00 horas, xusto unha hora antes do inicio do partido", indican desde o goberno municipal de A Guarda 

Ningún comentario:

Publicar un comentario