11 de xuño de 2024

OIA

Comezaron as obras da pista deportiva en Mougás   


Comezaron as obras para a posta en marcha dun circuíto deportivo no Cabezo, en Mougás
Foto: C.O.

Infogauda / Oia 

 O Concello de Oia vén de comezar as obras para a posta en marcha dun circuíto deportivo no Cabezo, en Mougás. A actuación permitirá contar cunha nova área de práctica deportiva e lecer ao aire libre dentro do municipio.  

 As obras teñen un prazo de execución de tres meses e consistirán na creación dun circuíto con obstáculos, curvas e desniveis de diferentes dificultades destinado fundamentalmente ao uso en monopatín ou bicicleta. A pista terá unha superficie asfaltada de 360 metros cadrados e o seu trazado permitirá o uso por parte de persoas de todas as idades.  

 A pista ocupará parte do recinto do antigo campo de fútbol do Cabezo, en Mougás, e contará co seu acceso propio. A construción da instalación suporá un investimento total de 48.345 euros (IVE incluído), que o Concello financiará ao abeiro de dúas subvencións da Deputación de Pontevedra: o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e  o Plan +Provincia.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario