ATLETISMO
MARA ROMEU VICENTE, CAMPIOA GALEGA DOS 400 METROS LISOS
Na categoría Sub18
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Mara Romeu Vicente, de A Guarda, participou na xornada vespertina de onte domingo día 9 de xuño, no Campionato autonómico de pista ao aire libre 2024, celebrado nas pistas de Balaídos (Vigo).
A atleta de A Guarda, competíu na proba dos 400 metros lisos, callando unha fantástica actuación, cun rexistro de 59"41, facendo marca persoal. Dese xeito logrou a medalla de ouro e proclamouse campioa de Galicia, na categoría Sub18, sumándose á festa de pódiums da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño.
Moitas felicidades Mara!
Ningún comentario:
Publicar un comentario