6 de xuño de 2024

DEPORTES

BALONMÁN DHF

Itziar Martínez renova co Mecalia Atlético Guardés para o próximo curso 

A primeira liña cumprirá a súa segunda tempada no conxunto do Baixo Miño 

A xogadora granadina foi unha revelación tanto no equipo como na liga Guerreiras Iberdrola  


Itziar Martínez nun lanzamento no paviilón A Sangriña
Foto: M.A.G.

Redacción Deportes / A Guarda

 O Mecalia Atlético Guardés e Itziar Martínez manteñen unidos os seus camiños para a próxima tempada. A lateral granadina chegou a Galicia procedente do Bolaños, da División de Honra Oro. Este ano debutou no club do Baixo Miño e deu con el o salto á liga Guerreiras Iberdrola, onde cumpriu con fartura as expectativas que a entidade do Baixo Miño depositou nela.   

 Desde a súa chegada ao equipo, Itziar Martínez disputou minutos en todos os partidos  e fíxose cun oco no 7 titular tanto de Cristina Cabeza como de Ana Cristina Teixeira Seabra. Na fase regular da liga, a andaluza logrou anotar 64 tantos en 22 partidos, aos que hai que sumar os 13 que conseguiu nas roldas posteriores e os dous goles que asinou nas dúas fases da Copa da Raíña.  

 O poderío físico ofensivo e defensivo e o lanzamento exterior de Itziar Martínez seguirán estando ao dispor do equipo. Coa lateral andaluza, o Mecalia Atlético Guardés pecha a décima renovación de fronte ao próximo curso, e mantén o seu propósito de dar continuidade á gran maioría das xogadoras que xa estiveron este ano no persoal.  

Itziar Martínez: “Estar neste club é incrible” 

 “Estou moi contenta pola miña renovación”, afirma Itziar Martínez. Para a primeira liña, asinar a súa continuidade “significa que se fixeron as cousas ben, que me adaptei ben e que puiden achegar o meu gran de area ao equipo”. Ademais, móstrase con “moitas ganas de seguir, de conseguir os obxectivos e de darlle unha alegría ao equipo e á afección”.  

 Con todo, Itziar Martínez recoñece que “foi un ano duro”. A xogadora andaluza destaca que “o salto de Ouro a Iberdrola é bastante grande” polo que explica que tivo que vivir un proceso de adaptación tanto ao equipo como á forma de xogar. A pesar de que considera que soubo facelo, a lateral asegura que aínda pode dar máis grazas a “a experiencia deste ano”.  

 Nas súas palabras: “Estar neste club é incrible, a afección faiche sentir como na casa apoiándoche sempre”. Así mesmo, pon en valor as súas ganas de “seguir crecendo e mellorando na categoría” e de demostrar o que pode dar de si. Sinala que “é bonito conseguir cousas co Guardés porque o merece, ten que estar no máis alto”. Ademais, xogadora sostén que “o equipo o pode conseguir” á vez que considera que “este ano vai ser bastante bo”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario