6 de xuño de 2024

A GUARDA

A ARMH do Campo de Concentración de Camposancos vai homenaxear a Brasilino Álvarez, último alcalde republicano da Guarda  

- Terá lugar o vindeiro sábado, 15 de xuño, ás 12:00 horas, no lugar da Figueira, barrio da Cruzada, na Guarda

 



José Manuel Domínguez Freitas* / A Guarda

 Coa colaboración da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa e o Concello, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás vai homenaxear a Brasilino Álvarez (1894 - 1936), último alcalde republicano da Guarda.   

 O día 15 de xuño de 1936, Brasilino Álvarez Sobrino tomaba posesión como alcalde da Guarda. Por iso eleximos esta data para honralo e lembrar a vida dun home bo que foi executado pola dictadura franquista por defender os seus ideais e ser leal á República.   

 O vindeiro sábado, 15 de xuño, ás 12:00 horas, no lugar da Figueira, onde estaba a casa na que naceu, no barrio da Cruzada, colocaremos un monolito e unha placa para honrar a súa memoria. Ó remate do acto, a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa obsequiará ás personas asistentes cunha postal e un selo conmemorativos.   

 Con este acto iniciamos unha serie de homenaxes que nos levarán, nun futuro próximo, a lembrar e honrar a memoria das mulleres e dos homes da Guarda que sufriron persecución, represión e mesmo pagaron coa súa vida a mans da dictadura franquista.  

* Membro da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás.

Ningún comentario:

Publicar un comentario