6 de xuño de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA) .

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE CAMPOSANCOS TEN ABERTO O PRAZO PARA PRFESENTAR CANDIDATURAS Á XUNTA REITORA

Ata o día 16 de xuño de 2024




José Fernando Martínez / Camposancos

 A Comunidade de Montes de Camposancos celebrou asemblea xeral ordinaria o pasado 25 de maio e convoca eleccións á xunta reitora para o vindeiro 29 de xuño. O acto celebrarase na casa de Montes de Camposancos (Rúa Outeiro, 40 A  - 36788 Camposancos - A Guarda).   

Asemblea Xeral Ordinaria  

 O pasado 25 de maio tivo lugar a reunión de xunta xeral ordinaria da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos (A Guarda), convocada polo seu presidente, José Fernando Martínez Martínez, coa asistencia de 85 comuneiros e comuneiras, dos 200 que compoñen o censo.   

 Nesta xunta foron informados de diferentes asuntos, e sometidos a votación os puntos que figuraban na orde do día da convocatoria, entre outros, varios convenios de diferente  natureza: con Retevisión para a permanencia de antenas en terrenos da Comunidade; coa asociación San Xerome, para a realización de traballo no monte e fomación por parte dun equipo de mozos e mozas; coa empresa “A Cuadra JC” para a creación dunha granxa-escola; e por último, dar autorización á Xunta reitora para que poida concorrer a todo tipo de subvencións convocadas polas distintas administracións e  organismos oficiais. Logo de seren sometidos á votación da asemblea, todos os puntos foron aprobados por unanimidade.   

Convocatoria de eleccións á Xunta reitora  

 Do mesmo xeito, convócase prazo a presentar candidaturas á xunta reitora ata o vindeiro 16 de xuño. As eleccións celebraranse mediante reunión de xunta xeral extraordinaria o día 29 de xuño de 2024, acto que terá lugar na Casa de Montes de Camposancos.   

 En Camposancos, a 6 de xuño de 2024. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario