6 de xuño de 2024

DEPORTES

 ATLETISMO

JOSÉ CARLOS FERREIRA, LOGROU A PRIMEIRA POSICIÓN NOS 5.000 METROS

No XXXVII Campeonato Xunta de Galicia Máster, na categoría M50


José Carlos Ferreira


Redacción Deportes / A Guarda

 Na xornada deste xoves 6 de xuño, o Concello de A Guarda vén de facer público o seguinte comunicado: O  deporte guardés volve estar de parabéns. O domingo 26 de maio, José Carlos Ferreira, máis coñecido como Ferre, conseguiu a primeira posición dos 5.000 metros na categoría M50, para atletas entre 50-54 anos. 

 Ferre foi o máis rápido nas pistas de Balaídos (Vigo) cun tempo de 16’44’’. Este bo resultado no XXXVII Campeonato Xunta de Galicia Máster supón un pulo para as próximas citas do atleta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario