14 de xuño de 2024

A GUARDA

O resultado do obradoiro ‘Que lle pides ao  teu Concello?’ está listo para ser visitado 

 Estará exposto na Casa dos Alonso ata o próximo xoves

  

O alumnado de 2º de Primaria de todos os centros guardeses puxo de manifesto as súas inquedanzas
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda 

 O obradoiro “Que lle pides ao teu Concello?”, colaboración de Papelier co Concello da Guarda, tivo como protagonistas ao alumnado de 2º de Primaria de todos os centros guardeses.   

 Durante tres días, do 10 ao 12 de xuño, as diferentes clases pasaron polo Concello para traballar por quendas nas súas propostas. Ademais, tamén puideron explicar as propostas ao alcalde e a varios concelleiros, que tomaron nota das súas boas ideas.  

 As ideas resultantes son moi variadas, polo que desde o Goberno municipal convidan a visitar o seu mapa de propostas, que estará exposto no Concello ata o próximo xoves.  

 Que gran traballo por parte do alumnado de CEIP A Sangriña, CPR San José, CEIP As Solanas, San Xerome, CPR Somascos e o CEIP Manuel Rodríguez Sinde! 

 E agradecer ao equipo de Papelier por guialos neste taller tan divertido! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario