Érguete Baixo Miño ten aberto o prazo de inscrición para unha excursión a Redondela
• Para visitar a illa de San Simón, a praia de Cesantes, o Museo Meirande, o Castelo de Soutomaior e A Insuíña
Infogauda / A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende o día 14 ata o 20 de xuño, ábrese prazo de inscricións para a excursión a Redondela.
A excursión terá lugar o sábado 29 de xuño e conta cun prezo único por persoa de 12€ con todo incluído (traslado en autocar, ruta en barco, visita guiada e comida de pícnic).
Esta excursión englóbase no programa "Aseméllate coa Natureza" que ten como obxectivo fomentar a conexión das persoas co medio ambiente a través dun itinerario e actividades que promoven a convivencia e a relación coa natureza, ao mesmo tempo que coñecemos a historia que nos rodea. Esta actividade recibe financiación da Deputación de Pontevedra a través do programa “+Convivencia”.
Para máis información, contactar por vía telefónica ao 986 61 44 07 e 640 086 376 ou por correo electrónico info@erguete.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario