7 de maio de 2024

O ROSAL

CONCERTO DIDÁCTICO 

Atención familias do Rosal e arredores!



Agrupación Musical do Rosal

 Este sábado 11 de maio ás 11:30h, o Auditorio Municipal do Rosal encherase de música e aprendizaxe co noso Concerto Didáctico. 

 Queres que os teus fillos descubran o marabilloso mundo da música? Esta é a túa oportunidade! 

 Acompáñanos e que os teus pequenos coñezan a Escola de Música e todos os instrumentos que poderían tocar se se unen á nosa familia da Agrupación Musical do Rosal.  

 Neste concerto, contaremos coa presenza do profesorado da Escola, así como coa participación da nosa Minibanda e da Banda da Escola. Será unha experiencia inesquecible chea de diversión e aprendizaxe.  

 Esperámosvos !

Ningún comentario:

Publicar un comentario