6 de maio de 2024

A GUARDA

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DA GUARDA 

 Os e as abaixo asinantes, todas e todos elas/eles comuneiras/os  de pleno dereito da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda e constituíndo máis do 20% do censo de comuneiros/as, en exercicio do dereito que lles atribúe o artigo 40.2 do Decreto 260/1.992 do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e non habendo sido atendida a solicitude de celebración de Asemblea que se tiña formulada á Xunta rectora dentro do prazo legalmente establecido, convocan a todas/os as/os comuneiras/os da Comunidade de Montes a celebración da Asemblea Extraordinaria o próximo día 18 de maio  ás    16    horas en primeira convocatoria, e ás    18   horas en segunda convocatoria, no Casino da Guarda (Trav. Troncoso, 2) , co obxeto de tratar a seguinte ORDE DO DÍA:          

1º.- Remoción da actual Xunta Rectora da Comunidade de Montes.          

2º.- Elección de Nova Xunta Rectora, se procede.     

 Na Guarda  a       30           de         abril          de     2024. 

 A continuación figuran dúas relacións de nomes, apelidos e sinaturas de veciñas/os da parroquia de A Guarda, que apoian á convocatoria.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario