8 de abr. de 2024

O ROSAL

ABRAHAM CUPEIRO & AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL PRESENTAN PANGEA

 O día 11 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio do Rosal



 Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 Fíxose esperar pero… PANGEA soará no Auditorio Municipal do Concello do Rosal

 O vindeiro sábado 11 de maio, ás 20:30h, con motivo do 38º aniversario da nosa banda, ofreceremos un concerto cun artista internacional convidado. Será co gran Abraham Cupeiro e o seu espectáculo.

ENTRADAS: 

 Socios: 6 € (1 entrada por socio, retirada na oficina) 

P úblico en xeral: 8 € (pódense adquirir na oficina; en MILAR - TeleSon; ou en liña a través desta ligazón. 

 Abraham Cupeiro, sempre curioso e emprendedor, construíu en 2006 unha trompeta barroca do século XVIII. Pouco despois, inspirado na imaxe dunha moeda romana, reconstruíu outro tipo de trompeta chamado Karnyx, un instrumento celta da Idade do Ferro. Máis tarde, recuperou a corna, instrumento ancestral da tradición galega, e así, pouco a pouco, foi estudando outros tipos de instrumentos de vento e fabricándoos en boa parte, ata reunir unha colección de máis de 200 de diferentes épocas. 

 Unha actividade apaixonante e única, pois combina a construción coa interpretación. Tivo a idea de preparar e organizar unha exposición con boa parte deles ao longo dun espectáculo titulado Pangea, que xa leva exhibindo con distintas bandas e polas mellores orquestras sinfónicas. 

 Pangea é unha viaxe polos cinco continentes que nos transportará a lugares fascinantes onde soan as "caracolas" de Oceanía, o "hulusi" de China, a frauta "peule" de Senegal, a "gaita búlgara", a "zurna" e as milenarias "cornas". 

 Avisamos con tempo- Non te perdas este impresionante espectáculo que xa percorreu os mellores teatros e auditorios de todo o mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario