18 de abr. de 2024

EUROCIDADE TUI - VALENÇA DO MINHO

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

 Celebrarase o sábado e o domingo, no Pavillón de Deportes de Valença, con máis de 400 persoas en competición en cada xornada 

 A eurocidade Tui - Valença confírmse coma unha das sedes do Circuíto Ibérico, acollendo a penúltima proba en outubro  


A presentación correu a cargo da tenente alcalde e concelleira de Turismo, Ana Núñez; do concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez; do técnico de Desporto de Valença,  Luís Correia; e do presidente da Escola de Baile Pasos Galicia, e director técnico do trofeo, Miguel Abreu
Foto: C.T.

Infogauda / Eurocidade Tui - Valença do Minho

 Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade, que esta fin de semana (sábado e domingo) se vai celebrar no no pavillón deportivo municipal de Valença.  

 Esta competición federada, está organizada pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. 

 A presentación correu a cargo da tenente alcalde e concelleira de Turismo, Ana Núñez; do concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez; do técnico de Desporto de Valença,  Luís Correia; e do presidente da Escola de Baile Pasos Galicia, e director técnico do trofeo, Miguel Abreu.   

 A tenente alcalde e concelleira de Turismo, Ana Núñez, destacou coma o baile deportivo é unha práctica que conta con moitísimos afecionados. Asemade, salientou esta proba máis aló da competición deportiva, aludindo ao deporte coma saúde, ten tamén unha repercusión económica importante na zona  polo número de participantes que mobiliza e polo número de persoas que se achegarán a presenciar a competición. Moitos pernoctarán xa na Eurocidade, e citaban hoxe coma algún hotel de Tui colgou xa o cartel de completo.  

 O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, salientou que este Trofeo de Baile Deportivo, que celebra a súa décima edición, está xa consolidado, e agradeceu ao traballo e a implicación da Academia de Baile Pasos na súa organización.  Mentres o técnico de Desporto de Valença, Luís Correia, destacaba tamén a alta participación, batendo o récord da proba, que haberá esta fin de semana con máis de 400 persoas competindo cada día. Aproveitou para lembrar que é unha das probas do calendario deportivo da Eurocidade.  

 Miguel Abreu, presidente da Escola de Baile Pasos Galicia e director técnico do trofeo, explicou os detalles da competición que contará con cinco modalidades: bailes latinos, caribeños e estándar, danza coreográfica e solo dance. 

 O sábado disputarase o Campionato Galego de Bailes Latinos.  

 O sábado serán 13 horas de competición dende ás 9 h (ES) até as 22 h, e o domingo celebrarase dende ás 9 h ás 21 h (ES).  

 O X Trofeo de Baile deportivo da Eurocidade Tui-Valença contará con participantes de Galicia, Portugal e doutras comunidades españolas, destacando o centenar de bailaríns que chegarán dende Cantabria.  

 Na presentación confirmouse que a Eurocidade Tui-Valença será a sede da penúltima proba do Circuíto Ibérico de Baile Deportivo que se puxo por vez primeira en marcha, e que será puntuable para as clasificacións tanto de España coma de Portugal. En Tui celebrarase o 5 e 6 de outubro. O obxectivo é que a partir de 2025 este Trofeo da Eurocidade pase a formar parte deste Circuíto Ibérico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario