18 de abr. de 2024

TUI

Dobre presentación literaria 

Este venres, ás 18:00 e ás 19.30 horas, respectivamente,  na Sala Félix Rodríguez




Infogauda / Tui

 A Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, acollerá na tarde deste venres, día 19 de abril, dúas presentacións literarias.  

 Por unha banda ás 18:00 horas, terá lugar o acto de presentación de “Voces de un pueblo represaliado”, de José Antonio Bao Lemos. O autor, natural de Vigo e afincado en Salceda, será presentado por Xurxo Vaqueiro, e participará tamén no acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.  

 “Voces de un pueblo represaliado”, publicado por Aliarediciones, é unha compilación de feitos acontecidos durante a guerra civil española e a postguerra.  Este é o segundo libro de José Antonio Bao Lemos, que en 2021 publicou a súa primeira obra “Camino al infierno en el nombre de Dios: Opus Dei y otras secta-religiones minoritarias. Su lado oscuro”.  

 Posteriormente ás 19:30 horas, tamén na Sala Félix Rodríguez, presentarase o libro “A tribo do mar” de Lois Pérez nun acto organizado por A Quinta de Tui F.S. e no que colabora o Concello de Tui. Na presentación xunto ao autor participará tamén a profesora e escritora Sonia Mirón.  

 Lois Pérez Díaz é mestre, contador de historias, poeta, escritor e guionista. Por este libro gañou o XVI Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. Un galardón que se suma ao Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega con Saltimbanqui, en 2008; o Premio aRi[t]mar ao mellor poema editado en Galicia en 2017 por Blues do rei Bergman=B.B. King; e o V Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade por A gruta da torre.  

 En “A tribo do mar”, editado por Xerais, a través dos protagonistas das historias aborda o drama da migración, a superación das dificultades, o respecto e o antirracismo. Tamén está presente no libro o fútbol sala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario