22 de abr. de 2024

ECONOMÍA

ABANCA avanza no seu plan de capacitación de persoas maiores 

 Con sesións en Cea, Ponteareas, Vilagarcía, Abadín e Pontevedra 

Redacción / Galicia

 ABANCA continúa esta semana coa terceira edición do seu plan de formación e capacitación dixital de persoas maiores con cinco novas sesións formativas en San Cristovo de Cea, Ponteareas, Vilagarcía de Arousa, Abadín e Pontevedra. Todas estas accións organízanse en colaboración con Cruz Vermella, excepto as de San Cristovo de Cea e Abadín, que contan co apoio dos concellos. 

 Ata o momento realizáronse trece xornadas de formación en diferentes puntos da xeografía galega no marco desta terceira edición do programa. 

 A actividade, titulada ‘Uso de caixeiros de forma segura e fácil’, está estruturada en dúas partes, unha teórica e outra práctica, co fin de ofrecer aos asistentes unha visión completa de como funciona o caixeiro, cales son as operacións máis habituais que se poden realizar nel e mostrarlles o sinxelo que resulta facer esas xestións a través dunha demostración no propio dispositivo. Ademais, facilítanse consellos básicos de seguridade, sobre banca móbil e resólvense todas as dúbidas que se expoñan. 

 De forma complementaria, todos os participantes reciben un manual sinxelo que recolle toda a información ofrecida durante a sesión para que poidan tela a man e consultala en calquera momento. 

 Este plan de formación e capacitación dixital forma parte do programa de educación financeira de ABANCA e ten como obxectivo mellorar a inclusión financeira da poboación que vive en contornas rurais. Desde que se puxo en marcha a iniciativa en 2022 realizáronse 114 accións formativas nas que participaron preto de 1.200 persoas. 

Sesión en San Cristovo de Cea (Ourense) 

DATA 

23 de abril 

HORA 

De 10.00 a 12.00 horas 

LUGAR Edificio Multiusos Concello de Cea 

Sesión en Ponteareas (Pontevedra) 

DATA 

24 de abril 

HORA 

De 11.00 a 13.00 horas 

LUGAR 

Plaza Bugallal nº 3 

Sesión en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) 

DATA 

24 de abril 

HORA 

De 11.00 a 13.00 horas 

LUGAR 

Pl. Constitución, 3 

Sesión en Abadín (Lugo) 

DATA 

26 de abril 

HORA 

De 11.00 a 12.30 horas 

LUGAR 

Salón de actos Concello 

Sesión en Pontevedra 

DATA 

26 de abril 

HORA 

De 11.00 a 13.00 horas 

LUGAR 

Rúa do Padre Gaite, 5 

Ningún comentario:

Publicar un comentario