8 de abr. de 2024

DEPORTES

ATLETISMO

Os irmáns Sierpes, da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), tamén colleitan éxitos en Portugal

 Álex Sierpes Pereira, coroouse como vencedor da milla na categoría Sub18, en Eiras (Coimbra)



Christian e Álex Sierpes Pereira


Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Logrando brillo e récords, o sábado en Coimbra e o domingo en Braga, sobre circuítos homologados pola Federação Portuguesa de Atletismo na milla (1.609 metros) e 5km en roteiro, que disputaba o campionato nacional luso Sub18, é o resumo do labor realizado polos irmáns Álex e Christian Sierpes Pereira, de A Guarda. 

 En todo caso, hai que comezar decindo que o sábado de tarde, na freguesía de Eiras (Coimbra), Álex Sierpes Pereira, cun tempo de 4:24, e unha media por ritmo km a 2:40, coroouse como vencedor da milla na categoría Sub18. E ademais establecendo un novo récord do circuíto como o corredor máis rápido de todas as categorías na súa historia de vida da proba, rebentando ao mesmo tempo o récord galego da distancia que anteriormente posuía o atleta coruñés Ero Doce González, que o establecera no ano 2013  en 4:35. Desta maneira o locutor que retrasmitía a proba cualificou a Sierpes como "O portento español". 


Álex Sierpes Pereira e Christian Sierpes Pereira, 1º e 2º clasificado, da categoría Sub18, na proba milla disputada en Eiras (Coimbra)

 A prata estaría reservada para o seu irmán Christian Sierpes Pereira, que este ano defende as cores do Club Atletismo Narón, de A Coruña, o cal é o actual equipo filial da nosa entidade, entrando en meta cun crono de 4:49, mellorando súa marca persoal.  


Álex Sierpes Pereira, na categoría Sub18, logrou o 1º posto  na proba de 5km en roteiro celebrada en Braga

 Doutra banda, o domingo pola mañá, nas rúas de Braga correrían o 5km en roteiro, sobre un circuíto urbano homologado pola Federação Portuguesa de Atletismo, que disputaba o campionato nacional de Portugal Sub18. Hai que decir que nos deixaron competir como convidados, pero renunciando aos premios e aos títulos a non dispoñer da nacionalidade portuguesa. Pero, aínda así, non foi impedimento para os irmáns Sierpes, sendo conscientes das restricións coas que partían antes do inicio, para encarar a proba e saír a competir a un nivel de esixencia moi alto, a pesar de que era a primeira vez que dispoñíanse a enfrontarse a esta distancia da modalidade en roteiro.  

 Álex entraría en meta en primeiro lugar facendo case toda a proba en solitario, establecendo un tempo de 15:16, cunha media de 3:03 por quilómetro de ritmo de carreira, onde sorprendentemente volvería facer a mellor plusmarca galega por partida dobre no 5km en roteiro que a posuía anteriormente Asheber Díaz en 15:43. 

 Christian entrou en meta en 5ª posición na clasificación xeral do campionato luso cun rexistro de 16:12, onde na proba, Alfonso Gómes, do Atletismo - Sporting Clube de Braga, entraría en segunda posición o cal fíxose co título estatal cun tempo de 15:37. 

 Ao finalizar esta proba, a maioría dos participantes chegaban ao mesmo punto de análise da carreira, explicando que na primeira parte do circuíto picaba moito cara arriba, e a segunda parte azoutaba o vento en contra.  

 Agradecer á Federação Portuguesa de Atletismo  e os seus organizadores, por deixar participar aos nosos atletas como convidados. 

 Felicidades mozos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario