23 de abr. de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

ANABAM: OBXECTIVO ANFIBIOS 


Membros da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos e o representante de ANABAM, xunto ao estanque que se vai dedicar aos anfibios
Composición de como podería quedar o estanque cando estea rematado


Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / A Guarda     

 Este luns reunímonos co presidente da Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Camposancos para tratar da habilitación do estanque que se vai dedicar aos anfibios. Está ubicado na zona de Chans. Na segunda fotografía unha composición de como podería quedar o estanque cando estea rematado (bueno, é unha burda composición, pero non temos ferramentas axeitadas para facer unha imaxe mellor).        

 Como sabedes os que nos seguides, este ano, ademais das accións que desenvolvemos habitualmente (Projeto Borrelho, de protección da píllara nas praias do norte de Portugal; campaña de protección dos niños das diferentes especies de andoriñas que están presentes no Baixo Miño; Censo de niños e polos de gaivota, etc) estamos desenvolvendo campañas a favor dos insectos polinizadores (construción de hoteis; parcelas para eles) e dos anfibios. Neste senso contamos coa colaboración, total ou parcial nestas actividades, dos Concellos de A Guarda, Oia, O Rosal e Tomiño, e tamén coas Comunidades de Montes de Camposancos, Salcidos e Taborda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario