10 de abr. de 2024

A GUARDA

Museo de Poesía será a entrega deste sábado dentro da programación Primavera entre Letras

  



Infogauda / A Guarda

 A asociación Foco convertirá este sábado o Centro Cultural de A Guarda nun Museo de Poesía, unha singular proposta na que a través da dramatización de poemas de escritoras dos séculos XX e XXI, os visitantes poderán seguir o fío dunha vida.  

 A actividade é de balde, mais os interesados en sumarse á visita a este museo teñen que reservar a súa praza (de balde a través desta ligazón, nunha das tres sesións previstas:18:00; 18:30; 19:00h.)  

 A asociación Foco traballa na Guarda dende o ano 2021 no desenvolvemento de proxectos innovadores nos que a xuventude e as artes escénicas son ingredientes fundamentais. 

 Desde a asociación Foco e o Concello de A Guarda animan a asistir a esta aventura de fin de semana. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario