10 de abr. de 2024

DEPORTES

Oficializada a convocatoria de eleccións á presidencia do Club Balonmán Atlético Guardés 


Redacción Deportes / A Guarda

 No día de hoxe, o Club Balonmán Atlético Guardés, vén de facer público que de conformidade co artigo 10 dos estatutos do Club Balonmán Atlético Guardés, e tras a reunión previa da Xunta Directiva o pasado 5 abril ás 21:30 horas, convócase aos socios e ás socias para presentar candidaturas á presidencia. Estas poderán presentarse nun período de 10 días hábiles antes do 8 de xuño, data na que cesará a actual Xunta Directiva. Anúnciase así, con antelación suficiente, para que poidan prepararse as propostas para ocupar o cargo.  

 A Xunta Electoral proclamará as candidaturas provisionais un día hábil despois de que conclúa o prazo de presentación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario