Aberta a inscrición do obradoiro de plantas silvestres comestibles e medicinais, previsto para este domingo 7 de abril
• Se o tempo acompaña farase ao aire libre sendo o punto de encontro no observatorio de aves do Forno do Duque
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda organiza o ciclo medioambiental Sostendo o Futuro, na súa IV edición, e comprende roteiros, observación e outras actividades de contido de coñecemento do medio natural ao longo do presente ano.
O vindeiro domingo 7 de abril terá lugar a primeira actividade aberta ao público, do ciclo medioamebiental, a actividade Plantas silvestres comestibles e medicinais.
O obxectivo desta actividade é aprender a identificar plantas silvestres da nosa contorna poñendo o foco nas especies autóctonas e no seu uso tradicional.
A actividade ten unha duración de unha hora e media, esta pensada para familias con rapaces de 4 a 14 anos. Se o tempo acompaña farase ao aire libre sendo o punto de encontro no observatorio de aves do Forno do Duque.
Para asistir é necesaria inscrición a través do QR ou do correo medioambiente@aguarda.es. No caso de dúbidas tamén pódese consultar no teléfono 676 674 837.
Ningún comentario:
Publicar un comentario