6 de mar. de 2024

TUI

Encontro con Belén Varela, autora de “El cielo de los imperfectos”, na programación do 8M 

 Este xoves, 7 de marzo, ás 19.30 horas, na Sala Félix Rodríguez, dentro da programación do 8M 




Infogauda / Tui

“El cielo de los imperfectos” é o título da primeira novela de Belén Varela. Este xoves, 7 de marzo, ás 19.30 horas, na Sala Félix Rodríguez, dentro da programación do 8M terá lugar un encontro coa escritora que presentará o seu libro.  

 Licenciada en Dereito, está especializada en dirección de persoas e psicoloxía positiva aplicada. É experta en organización de persoas impartindo conferencias e asesorando a empresas na xestión do talento e na organización do traballo. Tamén é impulsora do movemento FET (Felicidade no Traballo). 

 Ten publicados La Rebelión de las Moscas, en 2012 e Jobcrafting, en 2019 nos que aborda aspectos prácticos da psicoloxía de organización e o benestar laboral. Agora na súa primeira novela El cielo de los imperfectos ofrece unha perspectiva única, aguda e impactante da sociedade contemporánea. Na obra presenta unha trama envolvente e personaxes intrigantes ao tempo que ofrece una mirada crítica sobre o imperio das aparencias e a obsesión pola perfección. A novela está protagonizada por Olivia, unha muller cunha prometedora carreira coma avogada nun gran despacho internacional, que decide deixalo todo e perseguir os seus ideais. Ao longo da trama abórdase a conciliación laboral, o teito de cristal e a busca obsesiva da perfección.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario