MEMBROS DA ESCOLA DE DANZA DANSÁ PARTICIPARON NO DWC QUALIFIERS
• Coas súas interpretacións acadaron diferentes premios, e sobre todo a clasificación para representar a España no próximo mundial
Redacción / A Guarda
Do 22 ao 24 de marzo, celebrouse en Burgos, o DWC Qualifiers, no que participou a escola de danza Dansà, de A Guarda con diversas coreografías interpretadas por seis rapazas de A Guarda e arredores.
Coas súas interpretacións acadaron diferentes premios e sobre todo a clasificación para representar a España no próximo mundial que terá lugar en Praga a finais do próximo xuño.
Noraboa e grazas de parte do Concello de A Guarda e de todas as guardesas e guardeses por seguir poñendo o nome da nosa vila nun lugar tan destacado no mundo da danza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario