15 de feb. de 2024

TUI

Roi Borrallas presenta “Solo”, este venres no Teatro Municipal

 Con este espectáculo para público familiar, foi recoñecido cos Premios Fetén e Zircolina




Infogauda / Tui

“Solo” é o título do espectáculo que Roi Borrallas presentará este venres, 16 de febreiro, ás 19 h, no Teatro Municipal de Tui.  No mesmo combina monicreques, manipulación de obxectos, máscaras,..., nun escenario convertido en camerino no que un espello separa ou conecta ao artista do público. 

 Coreografías faciais, máscaras con escuma de afeitar, óperas épicas,..., son algunhas das ferramentas que utiliza Roi Borrallas nesta peza para, a través do humor, falar da soidade e das máscaras que todos nos poñemos a diario. Ao longo dos 45 minutos da función desdebúxase a fronteira entre o escenario e a vida real para amosarnos coma é un pallaso cando ninguén o ve.  

 Por “Solo”, Roi Borrallas recibiu o Premio á Mellor Interpretación FETEN 2023 e o premio Zircolina ao Mellor Espectáculo de Pallasos 2022.  

 O espectáculo vai dirixido a público familiar. As entradas están á venda, até dez minutos antes do inicio, en tui.gal aos prezos de 5€ e 3,5€.

Ningún comentario:

Publicar un comentario