23 de ago. de 2023

A GUARDA

A Gándara celebrará a Festa das Mercede, do 2 ao 24 de setembro 

Baixada de carrilanas, torneo de cachiza, carreiras pedestres, concertos, exposicións, festa da zorza, verbena,…,  configuran un amplo programa deportivo, festivo e lúdico


De esq. á der.: Celso Rodríguez Fariñas, Roberto José Álvarez Carrero, Aser Estévez Cividanes e Juan Carlos Gómez Martínez, na presentación oficial da programación das Festas das Mercedes, da Gándara 2023

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Coa asistencia do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero; do concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas; o concelleiro de Educación e Xestión de Eventos Deportivos, Aser Estévez Cividanes; e o presidente da Comisión de Festas, Juan Carlos Gómez Martínez; vén de ter lugar este mércores día 23 de agosto, no salón de plenos do Concello de A Guarda, a presentación oficial da programación das Festas das Mercedes da Gándara 2023. 

 O programa de eventos é moi extensa, e inclúe actos  culturais, deportivos, gastronómicos e de ocio.

VI edición da Baixada de Carrilanas




 As actividades arrancarán o sábado día 2 de setembro, ás 19:00 horas, coa VI edición da Baixada de Carrilanas, cun percorrido entre a praza de Avelino Vicente e a rúa O Porto, de A Guarda. 

 As inscricións están abertas cun prezo de 10€ en rifas das festas, con data límite ata o 31 de agosto chamando ao 649 887 379 ou 661 281 254. Tamén participarán os triciclos de deriva. 

XIV Torneo da Cachiza




 Seguindo a programación, o sábado día 9 de setembro, a partires das 16:00h, na rúa As Pozas,  terá lugar o XIV Torneo da Cachiza. A inscrición é de 10€ por parella, que se realizará ata as 15:30h desa data, antes do comezo do torneo. Haberá premios e as inscricións pódense realizar nos teléfonos 669 031 798 e 680 340 784. 

XXI Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero



 O sábado 16 de setembro, a partires das 18:00h terá lugar a XXI Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, un evento deportivo gratuíto para o que é preciso realizar unha inscrición previa ata o 12 de setembro no teléfono 647 607 456 ou no enderezo opercamino@gmail.com, ou ben no mesmo día da carreira en horario de 16:30 a 17:30h, na mesa de secretaría da carreira. Haberá un total de 8 categorías en función das datas de nacemento dos participantes e cunhas distancias entre os 100m. e os 6.500m. 

XI Serán das Mercedes




 O sábado día 16 de setembro, a partir das 21;00 h., na Praza dos Seixiños celebrarase o XI Serán das Mercedes, que contará coa participación de diferentes grupos tradicionais e de pandeiretas da zona. Haberá chocolate e biscoito para os asistentes.  




 O domingo 17 de setembro ás 20.00h actuará os regueifeiros do Luar,  Os Veciños - Luis O Caruncho e Bieito Lobariñas -, para rematar a xornada co grupo folk Na Revolta.

XXXV edición da Festa da Zorza


 O venres 22 de setembro a partires das 18:00h comezarán as degustacións na XXXV edición da Festa da Zorza ata a media noite, cando realizarase a gran queimada popular e contarase coa animación da charanga PatoCar.  




 O sábado 23 de setembro a partires das 22:00h arrancará a verbena coa actuación do grupo Ritmo e rematando cun único pase o grupo América.  

 O domingo 24 de setembro a partires das 9:00h pasacalles polo barrio a cargo do Trebón dos Xidos. 

 Ás 17:00h  xogos populares na Praza dos Seixiños e a partires das 20:00h actuación da Escola de Danza “Dansá”.  




 Ademais, os días 16 e 17 de setembro, na sede da Asociación de Veciños O Percamino, haberá unha exposición de maquetas de cortiza elaboradas por Tino Rodríguez Franco, que poderá visitarse o sábado 16 de setembro en horario de 17:00 a 21:00h e o domingo 17, de 19:00 a 2:00h.  

Actos relixiosos

Venres 15, ás 18:30h, comezo da novena con rosario e misa.

 Domingo 24 ás 12:30h misa solemne con sermón cantada polo Coro Cantábile e procesión acompañda polo grupo de gaitas A Boalleira.

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda os días 31 de agosto e 1 de setembro  

O xoves 31, en horario de 16:30 a 21:00h e o venres 1, de 10:15 a 14:30 e de 16:30 a 21:00h. 


A unidade móbil de doazóns de sangue estará empreazada diante do Centro Cultural
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil de doazóns de sangue visitará á vila de A Guarda, o xoves día 31 de agosto, en horario de 16:30 a 21:00h e o venres día 1 de setembro, de 10:15 a 14:30h e de 16:30 a 21:00h., e estará emprazada na rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural.

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a todos os cidadáns, o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos. 

 Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. 

 Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. 

 Asemade, debemos informar ao médico da unidade móbil se estamos tomando algún medicamento. 

 É desexable solicitar cita para doar no teléfono gratuíto 900 100 828.

RANDUFE (TUI)

XXXV SEMANA CULTURAL RANDUFE

27 DE AGOSTO - DO 30 DE AGOSTO AO 06 DE SETEMBRO DE 2023




Miguel Ángel Martínez González* / Randufe


Estimado/a socio/a: 

 Diríxome a ti coa enorme alegría de facerte partícipe da celebración da XXXV edición da Semana Cultural. 

 Terá lugar no adro da igrexa da Guía entre o 27 de agosto e o 6 de setembro e contará cunha oferta moi variada de actos culturais. 

 Teremos maxia, deporte, folklore de diversa partes da península, fado portugués, playbacs, acordeóns, humor, música dos 80/90, música fusión, etc. Ademáis haberá sorteos, un bar onde tomar un refrixerio e algunha outra novidade que verás se segues lendo esta circular... 

XXXV SEMANA CULTURAL DE RANDUFE 

Domingo 27 de agosto de 2023: Ás 10:00 h: XXXIV Carreira popular de Randufe. Saída dende o adro da igrexa da Guía. Percorrido duns 8 km polos barrios da parroquia. Inscricións na páxina www.cronotec.es  

Mércores 30 de agosto de 2023: Ás 21:30 h: Noite de fados cos nosos irmáns portugueses. Gozaremos coas voces de Jorge Nande e Luiza Vilas-Boas, coa guitarra portuguesa de Francisco Vieira, coa viola de fado de Joâo Martins e coa viola baixo de Henrique Rabaçal. 

Xoves 31 de agosto de 2023: Ás 21:30 h: Ilusión, fantasía, maxia e diversión para toda a familia a cargo do mago Samuel Moreno.  

• Venres 01 de setembro de 2023: Ás 21:30 h: Contamos cun gran amigo da parroquia, o mellor pallaso de Galicia, Peter Punk que nos vai presenta-lo seu último espectáculo: "Punkdemia". Ás 22:30 h: Finalizarémo-la noite coa actuación da magnífica Banda de Gaitas Lembranzas da Terra, de Guillarei. 

Sábado 02 de setembro de 2023: Ás 17:00 h: Diversión para os máis cativos, contaremos con inchables e para rematar haberá unha festa da espuma. Ás 21:30: Noite folclórica a cargo dos grupos: 

Grupo Folklórico La Morenica de Puente Tocinos, Murcia. 

Grupo Folclórico Á beira do río, de Pontesampaio, Pontevedra. 

Grupo Folclórico de Xuntanza. 

Domingo 03 de setembro de 2023: Ás 10:00 h: Vén connosco á marcha ciclista polos barrios da parroquia. Imprescindible o uso de caso. Ás 21:30 h: Continúa a troula, agora para tódolos gustos e públicos cunha tradición que se transmite de pais a fillos: o noso festival de PLAYBACKS. 

Luns 04 de setembro de 2023: 

 Ás 21:30 h: En primicia, contaremos coa actuación de "Argonat Band". Grupo musical que interpreta temas modernos con instrumentos clásicos. 

Martes 05 de setembro de 2023: 

 Ás 21:30 h: Contaremos coa fabulosa actuación de "Los lunes al sol", que ninguén se poña nostálxico.  

• Mércores 06 de setembro de 2023: 

 Ás 21:30 h: Darémoslle remate á XXXV Semana Cultural de Randufe con dúas actuacións que, para respecta-la acústica, faranse no interior da Igrexa da Guía: 

• Coral Polifónica Ponte das Febres, de Ribadelouro.   

•  Grupo de Acordeóns de Xuntanza. Durante toda a semana estaremos a túa disposición, para que recollas o teu número para participar no sorteo dunha cea (exclusivo socios), por se queres facer o pago do recibo deste ano, ou consultar calquera dúbida ou mesmo propoñer novas ideas que sempre serán benvidas. 

 Agardamos verte no adro!  

 Recibe unha sincera aperta da directiva.

* Presidente da Aso ciación Cultural e Deportiva "XUNTANZA"

VALENÇA DO MINHO

Valença na Rota da História  

Mercado Medieval regressa a Valença este fim de semana   




Infogauda / Valença do Minho

 A Fortaleza de Valença viaja no tempo, este fim de semana, de 25 a 27 de agosto, com o Mercado Medieval "Valença na Rota da História".  

 Esta edição irá reviver a "entrega do Foral Manuelino a Valença".  Três dias com música e danças de época, teatro de rua, espetáculos de fogo, torneios apeados e a cavalo, cortejos e um mercado com comes e bebes, artesanato e tantos produtos de época.  

 A animação será uma constante com carroceis medievais, passeios a cavalo e de charrete, falcoaria, acampamento do povo com a taberna “O Caldeirão” com comida ao vivo e instrumentos de tortura, jogos medievais, acampamento militar com mostra de armas e salas de armas e o carismático domador de cobras.  

 As áreas do Mercado Medieval estarão localizadas no Largo do Bom Jesus, Rua Major Severino e Rua da Oliveira. As áreas da restauração, com comes e bebes, estarão no Parque de Estacionamento da Coroada, o Acampamento Militar e Liça, onde decorrerão os torneios, no Campo de Marte, na Coroada, a falcoaria e os passeios a cavalo e charrete no Baluarte de São João e o acampamento do povo no revelim do Baluarte do Faro / Largo do Governo Militar.  

 A época que se recria do século XVI de Valença, é um momento de auge e esplendor do burgo valenciano, marcado pela atribuição do foral por D. Manuel I em 1512. Documento que foi oficialmente entregue a Valença, em 10 de novembro de 1516, em frente à Igreja da Colegiada de Santo Estêvão e que atualmente se conserva no Arquivo Municipal de Valença.   

PROGRAMA COMPLETO  

𝗦𝗲𝘅𝘁𝗮-𝗳𝗲𝗶𝗿𝗮 | 𝟮𝟱 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼  

15:00 Abertura do Mercado | Música ambiente na Fortaleza  

17:00 'Gaitas e Sirigaitas' | Músicas Medievais Itinerantes - Gaiteiros e Tamborileiros  

17:30 'Porta da Traição' | Trovadores Medievais (Itinerante)  18:00 Hora do Conto - Viajantes do Tempo - História Medievais  

18:30 'Gaitas e Sirigaitas' | Músicas Medievais Itinerantes + Dzubigon - Caminheiros Viajantes  

19:00 Cortejo Medieval | Leitura da Carta de Feira, Benção do Mercado Viajantes do Tempo - (Praça da República - Parque da Coroada)  

19:30 Dzubigon teatro de Rua | Caminheiros Viajantes  

19:30 Teatro Assombrado | Contos e Fábulas Medievais  

20:00 Sala de Armas Pelas Ruas do Burgo | Irmandade  

20:00 'Tribo Ta-Meri' Dança Oriental - (Praça do República)  

20:30 Porta da Traição + Tribo Ta-Meri - (Praça do República)  

21:00 Teatro Assombrado | Contos e Fábulas Medievais  

21:30 Gaitas e Sirigaitas | Músicas Medievais (Itinerante) + Dzubigon - Caminheiros Viajantes  

22:00 Torneio Apeado/Cavalo Liça | (Tributo a El Rey com Danças Orientais) - (Parque do Paiol de Marte)  

22:30 Viajantes do tempo - Prior Domingues | Teatro de Rua  

22:30 Porta da Traição Músicas Medievais | Praça da República e Rua da Oliveira  

23:00 Teatro Assombrado | Contos e Fábulas Medievais (Mercado)  

23:30 Espetáculo de Fogo | (Liça)   

𝗦𝗮́𝗯𝗮𝗱𝗼 | 𝟮𝟲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼  

14:00 Abertura do Mercado | Valença na Rota da História  

15:00 Porta da Traição | Músicas Medievais + Dzubigon - Teatro de Rua (Itinerante)  

16:00 Taberna Medieval ‘O Caldeirão’ - (Povoado Carrasco do Povo)  

16:00 Sala de Armas - Irmandade  

16:00 Gaitas e Sirigaitas - Músicas Medievais (Itinerante)  

16:30 Passos do Passado | Danças Medievais do Povo (Liça)  

16:30 Viajantes do tempo | Ronda pelas Tabernas (Itinerante)  

17:00 O Rufar dos Tambores  

17:00 Tribo Ta-Meri | Dança Oriental (Praça do República)  

17:30 ´Gaitas e Sirigaitas’ | Músicas Medievais + Dzubigon (Teatro de Rua)  

18:00 Passos do Passado | Medieval do Povo (Praça do República)  

18:00 Leilão das Meretrizes  18:00 Sala de Armas Irmandade  

18:30 O Rufar dos Tambores  

18:30 Teatro Assombrado | Contos e Fábulas Medievais (Praça do República)  

19:00 Gaitas e Sirigaitas | Músicas Medievais (Itinerante)  

19:30 Leilão das Meretrizes | Acampamento do Povo (Largo do Governo Militar)  

19:30 Passos do Passado | Danças Medievais do Povo (Liça)  

20:00 Teatro Assombrado | Contos e Fábulas Medievais (Mercado)  

20:30 Cortejo  

21:00 Porta da Traição + Tribo Ta-Meri | (Praça do República)  

21:30 Leilão das Meretrizes | Acampamento do Povo (Largo do Governo Militar)  

21:30 Teatro Assombrado | Contos e Fábulas Medievais (Mercado)  

22:00 Passos do Passado | Música Medieval do Povo (Praça da República)  

22:00 Torneio A Cavalo Lutas e Justas | (Parque Paiol de Marte)  

22:30 Porta da Traição | Músicas Medievais (Itinerante)  

23:00 Teatro Assombrado | Contos e Fábulas Medievais (Mercado)  

23:00 O Rufar dos Tambores  

23:30 ‘Gaitas e Sirigaitas’ | Músicas Medievais (Itinerante)  

24:00 Espetáculo de Fogo | Diamante Eventos ‘Fogos Ancestrais’ (Liça)  

𝗗𝗼𝗺𝗶𝗻𝗴𝗼 | 𝟮𝟳 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼  

14:00 Abertura do Mercado | Música Ambiente na Fortaleza  

15:00 Gaitas e Sirigaitas | Músicas Medievais (Itinerante)  

15:30 Passos do Passado | Danças Medievais do Povo (Praça da República)  

15:30 Porta da Traição | Músicas Medievais (Mercado)  

16:00 O Rufar dos Tambores  

16:00 Tribo Ta-meri | Danças Orientais (Liça)  

16:30 Viajantes do tempo | Teatro de Rua (Praça do República)  

16:30 Teatro Assombrado | Contos e Fábulas (Mercado)  

17:00 Cortejo  

17:30 Torneio a Cavalo | Justas e Lutas (Liça) (Parque Paiol de Marte)  

17:30 Taberna o Caldeirão | Acampamento do Povo, Instrumentos de tortura o carrasco do povo  

18:00 Viajantes do tempo | Teatro de Rua (Hora do Conto)  

18:00 Gaitas e Sirigaitas | (Itinerante) + Dzubigon (Teatro de Rua)  

18:30 Passos do Passado | Dança Medieval do Povo (Praça do República)  

18:30 Sala de Armas | Irmandade (Mercado)  

19:00 Tribo Ta-Meri | Dança Oriental (Liça)  

19:00 O Rufar dos Tambores | (Praça do República)  

19:30 Gaitas e Sirigaitas | Músicas Medievais (Mercado)  

19:30 Leilão das Meretrizes | (Praça do República)  

20:00 Porta da Traição | Músicas Medievais (Praça do Município) + Dzubigon - (Teatro de Rua)  

20:00 Teatro Assombrado | Contos e Fábulas Medievais (Mercado)  

20:30 Tribo TA-Meri | Danças Orientais (Liça)  

20:30 Viajantes do Tempo | Teatro de Rua  

20:30 Sala de Armas | Irmandade (Liça)  

21:00 Leilão das Meretrizes | (Praça do República)  

21:30 Gaitas e Sirigaitas | Músicas (Itinerante)  

21:30 Teatro Assombrado | Contos e Fábulas (Liça)  

22:00 Espetáculo de fogo | Fire Dragons  

22:30 Encerramento

PONTEVEDRA

O PALACETE DAS MENDOZA ACOLLE A EXPOSICIÓN DE PINTURAS E DEBUXOS DA ARTISTA VIGUESA CARLA ZONI 

O universo creativo da autora está presente na mostra “Lila”, que pode visitarse desde este venres 25 de agosto ata o domingo 10 de setembro 




Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra abrirá ao público este venres 25 de agosto no palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, a exposición “Lila”, que amosa o traballo da artista viguesa Carla Zoni e que poderá visitarse ata o domingo 10 de setembro. A mostra está conformada por unha selección de obras dos primeiros anos da traxectoria desta creadora, con pinturas e debuxos que resumen o seu mundo creativo.  

 O título da mostra, “Lila”, significa en sánscrito o xogo sagrado da creación do universo e da vida por pura diversión. Deste xeito, Carla Zoni (Vigo, 1993) sinala que a arte é o medio que a conecta coa diversión e co xogo, e ese enfoque lúdico está presente nos mundos e nos seres que amosa nas súas pezas, nas que aparecen formas orgánicas inspiradas na natureza, “que guía as miñas mans e esperta a esencia da vida en cada obra”.  

 A mostra estará aberta ata o próximo 10 de setembro no palacete das Mendoza (praza de Santa María, s/nº, Pontevedra), de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas, mentres que os sábados, domingos e festivos se poderá visitar en horario partido, de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas.

GALICIA

Saúde Mental FEAFES Galicia fomenta o apoderamento e a autonomía de mulleres con problemas de saúde mental 

As mulleres con problemas de saúde mental frecuentemente resultan invisibilizadas, padecen discriminación en diversos ámbitos e a miúdo sofren a vulneración dos seus dereitos.  

O Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade atendeu este ano a 52 mulleres para dotalas dunha maior autonomía e independencia que permita mellorar a súa situación persoal, social e laboral. 


Atención a unha usuaria no Programa de Mulleres
 

Ana Escrigas Rodríguez / Santiago

 As mulleres con problemas de saúde mental frecuentemente resultan invisibilizadas e experimentan unha tripla discriminación: o rexeitamento que provoca a discapacidade, o estigma asociado aos problemas de saúde mental e a discriminación derivada de ser muller. 

 O Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, trata de fomentar a igualdade de oportunidades para reducir a discriminación que sofren estas mulleres. Deste xeito, Saúde Mental FEAFES Galicia traballa con 52 mulleres en diversas localidades galegas para dotalas dunha maior autonomía e independencia que permita mellorar a súa situación persoal, social e laboral. 

 Para isto, ofréceselles unha atención personalizada e especializada que inclúe información e asesoramento sobre os recursos que teñen á súa disposición, asesoramento  xurídico, mediación familiar, atención psicolóxica ou actuacións para fomentar o acceso ao emprego. Tamén se lles ofrecen ferramentas para aprender a identificar e previr a violencia de xénero e a discriminación da que estas mulleres son vítimas en moitas ocasións. 

 Ademais, organízanse acción grupais que permiten compartir experiencias e aprender as unhas das outras. Neste senso, realízanse talleres grupais de autoestima e autocoidados, afectividade, sexualidade e anticoncepción, prevención de malos tratos, habilidades sociolaborais para a empregabilidade, etc. O Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade ten unha duración anual e remata o vindeiro 31 de agosto.  

Margarita: “Gañei confianza e agora teño a autoestima renovada” 

 Cando Margarita de chegou a Saúde Mental FEAFES Galicia fai dous anos, atopábase nun momento de moita fraxilidade anímica e emocional. Grazas ao Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade, logrou adquirir confianza en si mesma e motivación para emprender novos camiños na súa vida. 

 “Para min foi unha táboa de salvación; non saia da casa, non quería ver a ninguén, agobiábame a xente. Este programa obrigábame a levantarme, prepararme, saír e socializar; senón eu non tiña motivos para estar fóra, foi unha bendición. Deume confianza en min mesma e agora teño a autoestima renovada”, asegura. 

 Durante o programa, tamén comezou a facer prácticas nunha empresa na que despois foi contratada. “Grazas a este traballo sentinme valorada, adquirín novas rutinas e puiden ampliar a miña rede social. Co acompañamento que recibín puiden enfrontarme mellor non só ao mercado laboral senón á vida en xeral”, conta Margarita. E engade: “É absolutamente necesario o coñecemento dunha mesma, esa confianza para poder saír ao mundo con máis tranquilidade e mirando de fronte, pois moitas de nós levamos moitos anos mirando cara abaixo”. 

Mulleres e saúde mental, moitos ámbitos de discriminación 

 Numerosos estudos apuntan a que existe unha porcentaxe significativamente maior de mulleres que teñen problemas de saúde mental. A OMS marca esta porcentaxe en torno ao 70% (fronte ao 30% dos homes) no caso de, por exemplo, a depresión e a ansiedade. En España, case o 23% das mulleres están diagnosticadas cun problema de saúde mental, mentres que as cifras baixan ata o 14,6% no caso dos homes. Tamén destaca a maior frecuencia de consumo de psicofármacos nas mulleres. 

 A OMS indica que unha de cada catro mulleres padece algún problema de saúde mental durante o embarazo e o posparto, un dos problemas de saúde máis incapacitantes durante o período perinatal. O desexo incumprido de ser nai, unha mala experiencia no parto, a violencia obstétrica, un aborto ou a morte perinatal tamén poden ser desencadenantes dun problema de saúde mental para as mulleres. 

 Por outra banda, a OMS considera, dende 2005, que a violencia contra as mulleres é un problema de saúde pública mundial. No caso das mulleres con problemas de saúde mental, as cifras aumentan considerablemente: 3 de cada 4 mulleres con enfermidade mental grave sufriron violencia na familia ou coa súa parella nalgún momento da súa vida; cerca do 80% das que estiveron nunha relación sufriron violencia e o 42% non a identifican como tal; e o risco de que unha muller experimente violencia na parella multiplícase entre 2 e 4 veces máis cando ten un problema de saúde mental.  

 Con todo, a pesar de que a saúde mental das mulleres se recoñece como o campo de maior impacto no benestar individual, familiar e social, non existe unha abordaxe de xénero nas políticas de saúde mental. Tamén é escaso o enfoque de xénero nas intervencións sanitarias e sociais dos problemas de saúde mental, así como na avaliación das mesmas. 

 Para reverter esta situación, cómpre impulsar servizos públicos de información, orientación e atención sociosanitaria con perspectiva de xénero, así como reclamar o dereito das mulleres con problemas de saúde mental a recibir unha atención en igualdade e con todas as garantías nos diversos ámbitos das súas vidas.   Saúde Mental FEAFES Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995 coa misión de representar e defender os dereitos e necesidades das persoas con problemas de saúde mental. De carácter social, esta entidade ten como obxectivo principal a mellora da calidade de vida destas persoas e das súas familias. Actualmente agrupa a 12 asociacións repartidas por toda a comunidade galega con centros e servizos en preto de 30 localidades. 

ARCOS DE VALDEVEZ

 Romaria de Nossa Senhora da Peneda em Arcos de Valdevez   

31 de Agosto a 8 de Setembro 




María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 De 31 de agosto a 8 de setembro, Arcos de Valdevez, volta a receber a Romaria de Nª. Sra. da Peneda, na Gavieira, uma festividade de cariz religioso e cultural, muito procurada e reconhecida a nível local, nacional e internacional. 

 Esta celebração é promovida pela Confraria da N. Sra. da Peneda, e conta com o apoio da Câmara Municipal. Segundo o Edil João Manuel Esteves “a Romaria de N. Sra. da Peneda tem uma grande tradição e acolhe muitos peregrinos e visitantes vindos de toda a região e de Espanha, tendo impacto na promoção cultural e económica no local e no concelho”.  

 A Romaria de Nª. Sra. da Peneda, segue a tradição das grandes peregrinações marianas, onde a envolvente paisagística natural, neste caso integrada em pleno Parque Nacional da Peneda-Gerês, favorece o desenvolvimento de uma ambiência festiva e de um espírito celebrativo muito próprios, fazendo desta romaria a maior e a mais fascinante de todo o Alto-Minho.  

 De assinalar que o Santuário da Sra. Peneda está na fase final da classificação pelo Estado Português como Momento Nacional e a Romaria de Nª. Sra. da Peneda também está em fase final de inscrição no Inventário Nacional do Património Cultural Imaterial. 

 Na programação das celebrações é de destacar, no sábado, dia 2 de setembro o concerto “Músicas à Senhora”, com a atuação de Ana Bacalhau.  

 No dia 3 irá decorrer uma atuação do Rancho Folclórico das Camponesas da Vila do Soajo. No dia 5 irá decorrer a Eucaristia em Castelhano e a Bênção de Gaitas de Foles no Santuário e, no dia 6, irá decorrer a Bênção de Concertinas no Santuário e o tradicional Baile Popular. 

 Os restantes dias serão preenchidos com várias celebrações religiosas, desde Eucaristias em Português e Castelhano; Procissões e Orações de Vésperas; Orações de Laudes; Via Sacra e Exposição do Santíssimo; e o “Hino Akathistos em Honra da Virgem, Mãe de Deus.  

 Esta é uma celebração muito importante para o concelho, para os arcuenses e para os muitos devotos e visitantes, de Portugal e Espanha não só pela sua essência religiosa e contemplativa e promoção cultural e económica, como também pelo notável património arquitetónico e histórico que associados às magnificas paisagens naturais, fazem da Peneda, um destino turístico de passagem obrigatória, no itinerário de Arcos de Valdevez e no Parque Nacional Peneda Gerês.

DESPORTOS

Clube Náutico de Arcos de Valdevez no Campeonato Nacional de Kayak Polo em Coimbra  


O CNAV fez-se representar por duas equipas no escalão sub16 

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Depois da 3.ª fase em Arcos de Valdevez, o Clube Náutico de Arcos de Valdevez   (CNAV)  participou na quarta e derradeira fase do Campeonato Nacional de Kayak Polo em Coimbra no corrente mês Agosto. O CNAV fez-se representar por duas equipas no escalão sub16 (escalão em que o clube se sagrou vice-campeão nacional em 2022). 

 A equipa D, com um percurso invicto até à final, obteve o 2º lugar da fase, ficando em terceiro lugar a nível nacional. 

 A equipa E conseguiu o 5º lugar da classificação final. 

 Os resultados dos escalões mais jovens mostram o trabalho que vem sendo desenvolvido pela equipa arcuense e certamente continuará a dar frutos no futuro.