XXXV SEMANA CULTURAL RANDUFE
27 DE AGOSTO - DO 30 DE AGOSTO AO 06 DE SETEMBRO DE 2023
Miguel Ángel Martínez González* / Randufe
Estimado/a socio/a:
Diríxome a ti coa enorme alegría de facerte partícipe da celebración da XXXV edición da Semana Cultural.
Terá lugar no adro da igrexa da Guía entre o 27 de agosto e o 6 de setembro e contará cunha oferta moi variada de actos culturais.
Teremos maxia, deporte, folklore de diversa partes da península, fado portugués, playbacs, acordeóns, humor, música dos 80/90, música fusión, etc. Ademáis haberá sorteos, un bar onde tomar un refrixerio e algunha outra novidade que verás se segues lendo esta circular...
XXXV SEMANA CULTURAL DE RANDUFE
• Domingo 27 de agosto de 2023: Ás 10:00 h: XXXIV Carreira popular de Randufe. Saída dende o adro da igrexa da Guía. Percorrido duns 8 km polos barrios da parroquia. Inscricións na páxina www.cronotec.es
• Mércores 30 de agosto de 2023: Ás 21:30 h: Noite de fados cos nosos irmáns portugueses. Gozaremos coas voces de Jorge Nande e Luiza Vilas-Boas, coa guitarra portuguesa de Francisco Vieira, coa viola de fado de Joâo Martins e coa viola baixo de Henrique Rabaçal.
• Xoves 31 de agosto de 2023: Ás 21:30 h: Ilusión, fantasía, maxia e diversión para toda a familia a cargo do mago Samuel Moreno.
• Venres 01 de setembro de 2023: Ás 21:30 h: Contamos cun gran amigo da parroquia, o mellor pallaso de Galicia, Peter Punk que nos vai presenta-lo seu último espectáculo: "Punkdemia". Ás 22:30 h: Finalizarémo-la noite coa actuación da magnífica Banda de Gaitas Lembranzas da Terra, de Guillarei.
• Sábado 02 de setembro de 2023: Ás 17:00 h: Diversión para os máis cativos, contaremos con inchables e para rematar haberá unha festa da espuma. Ás 21:30: Noite folclórica a cargo dos grupos:
• Grupo Folklórico La Morenica de Puente Tocinos, Murcia.
• Grupo Folclórico Á beira do río, de Pontesampaio, Pontevedra.
• Grupo Folclórico de Xuntanza.
• Domingo 03 de setembro de 2023: Ás 10:00 h: Vén connosco á marcha ciclista polos barrios da parroquia. Imprescindible o uso de caso. Ás 21:30 h: Continúa a troula, agora para tódolos gustos e públicos cunha tradición que se transmite de pais a fillos: o noso festival de PLAYBACKS.
• Luns 04 de setembro de 2023:
Ás 21:30 h: En primicia, contaremos coa actuación de "Argonat Band". Grupo musical que interpreta temas modernos con instrumentos clásicos.
• Martes 05 de setembro de 2023:
Ás 21:30 h: Contaremos coa fabulosa actuación de "Los lunes al sol", que ninguén se poña nostálxico.
• Mércores 06 de setembro de 2023:
Ás 21:30 h: Darémoslle remate á XXXV Semana Cultural de Randufe con dúas actuacións que, para respecta-la acústica, faranse no interior da Igrexa da Guía:
• Coral Polifónica Ponte das Febres, de Ribadelouro.
• Grupo de Acordeóns de Xuntanza. Durante toda a semana estaremos a túa disposición, para que recollas o teu número para participar no sorteo dunha cea (exclusivo socios), por se queres facer o pago do recibo deste ano, ou consultar calquera dúbida ou mesmo propoñer novas ideas que sempre serán benvidas.
Agardamos verte no adro!
Recibe unha sincera aperta da directiva.
* Presidente da Aso ciación Cultural e Deportiva "XUNTANZA"

Ningún comentario:
Publicar un comentario