13 de feb. de 2023

DEPORTES

ATLETISMO

Un ano máis, a Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), relaciónase cos mellores clubs sacando músculo no campionato provincial Xogade de Cros 

 Con 5 medallas individuais e un ouro por equipos, en cadete masculino


Podio por equipos, no que a Sociedade  Atlética do Trega, logrou a 1ª praza

Informa: Sociedade Atlética do Trega

 Onte  domingo,  o parque de Castrelos, de Vigo, encheuse cos 735 nenas/as que ata alí foron para participar na final do campionato provincial de Xogade, que foi o filtro para poder clasificarse para o campionato galego. Acudiron os mellores escolares especialistas do panorama de Pontevedra. 

 

Álex Sierpes Pereira - no centro -, coa súa medalla de ouro, e  Alejandro Santos Adrover - a der. -, coa medalla de bronce

 

 O noso club tivo unha importante participación, sendo os resultados, o máis destacado da xornada. O prato forte foi a categoría cadete masculina, na cal Álex Sierpes Pereira conseguiu o título individual de campión provincial, seguido con bastante diferenza,  polo seu compañeiro Alejandro Santos Adrover que tamén subiu ao pódium conseguindo a medalla de bronce nun disputadísimo final de carreira. Pero os logros non quedarían aí, porque xunto cos seus compañeiros Eric Ríos Rosario e Darío Carreiro Pérez, foron os que  sumaron  menos puntos  conseguindo ser campións provinciais por equipos, dándolle o billete directo para  disputar o galego. 


Sergio Silva Couto - no centro do podio - coa súa medalla de ouro

Nadia Conejo Bascoy - a esq. do podio - coa súa medalla de bronce

Alan de la Fuente Maculewicz - a der. - no podio, coa súa medalla de bronce


 Na categoría alevín, o triunfo de ouro logrouno Sergio Silva Couto, seguido de Nadia Conejo Bascoy na categoría benxamín onde conseguiu o bronce. E pechando a xornada, a 5ª medalla individual co bronce de Alan de la Fuente Maculewicz, na categoría benxamín.  

Moitísimas felicidades!

O ROSAL

O Concello reúnese coa Xunta para urxir medidas ante a falta de seguridade viaria na estrada PO-353 detectada pola veciñanza  

 Despois de que os veciños e veciñas da contorna recollesen 655 sinaturas, o Concello compartiu coa Xunta a problemática detectada na estrada  


A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández Rodríguez
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández Rodríguez, mantiveron un encontro co director da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta, Francisco Menéndez, e co xefe de servizo provincial de Pontevedra, Manuel González Juanatey, para abordar de forma urxente a falta de seguridade viaria na estrada PO-353 que une Pancenteo con Fornelos e que pon en risco a seguridade das persoas que circulan a pé por esta vía.  

 “Estamos ante unha grave problemática que afecta á contorna de Pancenteo, Marzán, Novás e Fornelos, unha zona onde hai tres escolas unitarias, paradas de autobús, contedores de lixo e espazos de convivencia entre a veciñanza, que nestes intres non se atopa segura”, explica a rexedora.  

 Despois de que a veciñanza da contorna destes catro barrios recollesen 655 sinaturas debido a esta problemática, o Concello compartiu coa Xunta todos os riscos que se teñen detectado nesta estrada para que o Goberno autonómico adopte as solucións necesarias. Con estas sinaturas a veciñanza solicitaba medidas de seguridade para reducir a velocidade dos vehículos que circulan pola zona e a sinalización de pasos peonís.  

 Alcaldesa e concelleiro salientaron o compromiso do Concello a colaborar coa Xunta, para o que realizarán unha análise da incidencia nesta estrada que trasladará ao Goberno autonómico para que a Xunta implemente as solucións necesarias como organismo competente desta estrada. Fernández Callís quixo agradecer a colaboración e a implicación dos veciños e veciñas cunha problemática “que consideramos que se ten que solucionar de forma urxente”.

TOMIÑO

CRA Mestre Manuel Garcés, un novo xeito de ver a educación  

 Foi recoñecido pola Xunta como centro máis innovador pola súa aposta por un proxecto educativo punteiro no que os nenos e nenas son o centro  

 Este martes 14 de febreiro celebra unha xornada de portas abertas e abrirán o seu período de matriculación o vindeiro 1 de marzo  


No proxecto educativo integral do CRA Mestre Manuel Garcés os nenos e nenas son o epicentro, e as familias son tamén un piar importante

Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Unha nova forma de ver a educación, cun proxecto renovado de pés a cabeza no que fomentar a autonomía, sen materias nin libros de texto, adaptada á forma de pensar dos nenos e nenas, á súa espontaneidade, e tendo moi en conta a contorna. Esa é a proposta do CRA Mestre Manuel Garcés, que acaba de conseguir o premio Innovagal da Xunta na categoría de Infantil, Primaria e Educación Especial, converténdoo no centro educativo máis innovador de toda Galicia pola súa transformación a través da creación dunha escola aberta á comunidade, inclusiva e participativa. 

 Como sinala o director do CRA, Antón de Valenzuela, “é un orgullo para todo o centro que se recoñeza o traballo que estamos a facer e no que levamos moito tempo afondando, estruturando tempos e espazos e empregando un método propio que recolle e adapta formas de traballar de metodoloxías como Montessori ou Reggio Emilia. Que hai máis innovador que reinventarse?”. 

 Foi un cambio estrutural e radical do funcionamento deste CRA que, con 150 alumnos e alumnas, é un dos colexios rurais agrupados máis grandes de Galicia. A súa relación co resto da comunidade educativa e coa contorna en xeral é outro dos piares do seu proxecto educativo. Entre as novas iniciativas previstas para este curso contemplan realizar xornadas directas de contacto coa natureza, “normalizando o poder de dar clases na contorna, nos espazos que son de todos como se fose na propia aula”.  

 Pero, sen dúbida, unha das propostas que máis chaman a atención do centro é que, ademais de 25 docentes de educación infantil e especialistas en psicomotricidade, música, inglés... incorporaron ás súas aulas unha persoa experta en novas tecnoloxía e creatividade no que achegar a nenos e nenas a estes dous aspectos fundamentais da vida cotiá. “Detrás deste proxecto global hai moito traballo e moita formación. Non deixamos de intentar cousas por medo a que non saian, porque se hai un traballo detrás equivocarse é a mellor forma de mellorar e avanzar”, salienta o director.  

 E se no proxecto educativo integral do CRA Mestre Manuel Garcés os nenos e nenas son o epicentro, as familias son tamén un piar importante “e seguimos traballando para involucralas cada día máis”. Sempre coa ollada posta nunha innovación educativa na que o traballo por proxectos e a aprendizaxe cooperativa se mesturan cun ambiente familiar apoiada en ratios baixos nas aulas que favorecen o respecto polos ritmos individuais que permite medrar aos rapaces e rapazas e ao propio centro. 

 Unha oferta educativa única a ter en conta cando comece o prazo de matriculación nos colexios en marzo. Este martes 14 de febreiro celebrarán unha xornada de portas abertas a todos os pais e nais de 16.00 a 18.30 horas. O prazo de solicitude de praza estará aberto do 1 ao 20 de marzo.

MARIN

O presidente da Xunta participou no recoñecemento en Marín á tripulación do Playa Menduíña Dos, barco que auxiliou as vítimas no accidente en Terranova 

 Rueda reafirma o apoio do Goberno galego á investigación para esclarecer as causas do naufraxio do Villa Pitanxo  

 Cualifica de “valentes” e “auténticos heroes” os tripulantes do Playa Menduíña Dos pola súa actuación na recuperación das vítimas e no rescate dos sobreviventes


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, con familiares das víctimas e supervivintes do naufraxio en augas de Terranova do Villa Pintaxo

Foto: X.G.

Infogauda / Marín

 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou hoxe o apoio do Goberno galego á investigación para esclarecer as causas do naufraxio en augas de Terranova do Villa Pintaxo, do que se cumpre un ano o vindeiro mércores, 15 de febreiro, e do que apuntou como clave na recuperación das vítimas e no rescate dos sobreviventes a actuación dos tripulantes do Playa Menduíña Dos, os que cualificou de “valentes” e “auténticos heroes”.

 Así o puxo en valor no acto de recoñecemento en Marín á tripulación desta embarcación, ao que asistiron parte dos membros do Playa Menduíña Dos e tamén o seu patrón, Ramón Porto; a voceira dos familiares do Villa Pitanxo, María José Dopazo; e un dos tres sobreviventes do naufraxio, Samuel Kewesi.
 

 Para todos eles o presidente do Goberno galego tivo palabras de agradecemento, remarcando a actuación do Playa Menduíña Dos -ao que definiu como “barco de valentes”- ante un naufraxio que tachou de “horrible” e do que advertiu que “nunca tivo que acontecer”.

 “Este recoñecemento había que facelo”, defendeu Rueda, quen o considerou necesario para lembrar as vítimas dunha traxedia “que non pode quedar no esquecemento” e tamén para recoñecer “a bravura e valentía” da tripulación do Playa Menduíña Dos.
 
 O mandatario galego gabou a actuación dos membros do Playa Menduíña Dos pola “intervención vital” e por terse convertido en “salvavidas nun mar asasino” e agradeceulles tamén terse convertido a milleiros de quilómetros “no primeiro apoio das familias”, un comportamento que asegurou que “ninguén dos presentes poderá deixar de agradecer por moito que pasen os anos”.

Apoio da Xunta ás familias na investigación para esclarecer as causas

 Durante o transcurso da homenaxe, Rueda volveu amosar o “apoio sempre” da Xunta de Galicia ás familias dos desaparecidos no naufraxio e tamén na súa reivindicación de que se levase a cabo a operación de baixar ao pecio do Villa Pitanxo co obxecto de esclarecer o acontecido.
 
 Por este motivo, trasladou a súa satisfacción con que esta inspección se faga. “É un alivio”, insistiu con respecto desta baixada ao barco afundido, da que lamentou que non se tivera feito antes tras tantos meses de “loita, reclamacións e rogos”.
 
 O presidente da Xunta salientou que a posta en marcha da operación da baixada ao pecio vai resolver as dúbidas das familias afectadas, ás que lles dará “paz” contar con respostas, pero tamén valorou que a investigación tamén lles dará “seguridade” ás persoas que se “xogan a vida” nesas augas, porque esgrimiu que servirá que un naufraxio como o Villa Pitanxo, “de poder evitarse, non volva suceder “.
 
 Consecuentemente, Rueda amosouse esperanzado de que con esta baixada ao barco afundido se esclarezan as causas do naufraxio, xa que insistiu en que familiares das vítimas e mesmo a tripulación do Playa Menduíña Dos merecen que “a verdade saia á luz e se faga xustiza”, concluíu.

TURISMO

Alda Hotels abre un novo hotel en Galicia 

 O grupo anuncia a primeira apertura de 2023, un aloxamento de dúas estrelas situado na localidade pontevedresa de Lalín 


Dúas das estancias do Hotel Alda Lalín


Raquel Silva /Lalín

 A compañía galega Alda Hotels arrincaba o ano con varios proxectos en marcha e un deles acaba de abrir as súas portas na localidade pontevedresa de Lalín, converténdose na primeira inauguración deste 2023. Trátase dun establecemento de 2 estrelas, 30 habitacións e pet friendly (mascota amigable, en galego), anteriormente denominado hotel Villanueva e agora renombrado como Alda Lalín. 

 A firma confirma así a súa intención de seguir crecendo polo norte peninsular, buscando estar presente en novas comunidades como o País Vasco ou A Rioxa, ademais de reforzarse naquelas onde xa conta con algún aloxamento. Este é o caso da súa última apertura, que se converte no oitavo establecemento da cadea na provincia de Pontevedra e o vixésimo sétimo na comunidade galega. 

 Ademais, Alda Lalín permitiu ao grupo hostaleiro engadir unha nova localización á súa oferta, confiando unha vez máis nos numerosos atractivos turísticos que ten un municipio como Lalín, actualmente en plenas celebracións ao redor do seu prato estrela, o cocido, así como a súa vinculación co Camiño de Santiago. De feito, o Camiño de Inverno, alternativa ao Camiño Francés na época invernal, conflúe coa Vía da Prata nesta localidade pontevedresa. 

 A cadea Alda Hotels, fundada en Santiago de Compostela en 2009, celebra a que é xa a súa primeira apertura do ano e que foi conseguida pola consultora hostaleira SH360 - Servizos Hostaleiros 360º, que leva en exclusiva o seu plan de expansión desde o ano 2021. 

OPINIÓN

Ruptura del hermanamiento de Barcelona con Tel-Aviv 

¡¡Victoria!! 




Lucha Internacionalista

 El pasado 8/2 Ada Colau, como alcalde de Barcelona, hacía pública la ruptura de relaciones con el estado de Israel incluído el hermanamiento con Tel Aviv. El hermanamiento con Tel Aviv-Jaffo, junto al de Gaza, se formalizó el 24/9/1998, bajo la alcaldía de Joan Clos, del PSC, en el marco de los Acuerdos de Oslo. Pero fue necesaria una dura y larga campaña, iniciada en 2008, después de que Israel bombardeara Gaza y asesinara a más de 1.000 palestinas. 

 Han sido muchos años de manifestaciones, actos... hasta que, en torno a la campaña “Barcelona con el apartheid no” conseguimos, junto a la Comunidad Palestina, reunir a 112 entidades desde sindicatos a partidos y todo tipo de movimientos desde los israelíes antisionistas, feministas, antirracistas, anticolonialistas, por la liberación sexual y de género, por la vivienda... hasta el último empuje: conseguir firmas suficientes para forzar a que alcaldía rompiera el hermanamiento: y sí, ¡¡fueron casi 5000!!  

 Lucha Internacionalista, hemos estado presentes desde el primer momento, participando y haciendo propuestas a las asambleas que organizaban las acciones, impulsándolas en la calle, fuera de cientos o sólo unos pocos, recogiendo firmas en toda movilización que había y poniendo tenderetes para recogerlas. De hecho, era la continuidad de la solidaridad histórica que tenemos con Palestina desde las relaciones con el movimiento feminista en Cisjordania, la visita a detenidos en la cárcel de Jericó, el 1º de mayo en que organizamos a 20 sindicalistas para “romper el bloqueo de Gaza” recién decretado, o permanentemente con los Comités de Trabajadores Independientes de Gaza. Por eso, no sorprende, que Fayez Elemare, representante de estos últimos, nos hiciera llegar el mismo día un mensaje grabado de agradecimiento a la campaña. 

 Por eso, esta victoria de hoy es un reconocimiento, en primer lugar, a la resistencia del pueblo palestino, que resiste al cruel régimen del apartheid colonialista del estado de Israel desde hace 75 años. Resistencia reconocida hasta en el dictamen de la Sindicatura de Greuges –Defensor del pueblo- de Barcelona que, a petición de la campaña, recomendó la revocación del Hermanamiento con Tel-Aviv “porque mantenerlo conlleva una complicidad en la configuración de un crimen de apartheid. Pero la situación tanto en Gaza como en Palestina se ha agravado con la deriva aún más supremacista, radicalmente violenta y represiva del estado de Israel impulsada por el nuevo gobierno: asesinatos, bombardeos, ilegalización de organizaciones, detenciones, demoliciones de hogares e incautación de tierras. La última concentración, ya la hicimos en homenaje a los 231 palestinos asesinados en 2022, y sólo en enero 2023, ya había 35 más. 

 Seguiremos luchando por ellos y ellas, contra el cruel régimen del apartheid de Israel, que sólo puede sustentarse gracias a la complicidad internacional. Por eso, quisiéramos, como ha dicho la compañera en nombre de la campaña respondiendo a Ada Colau, que “el paso que ha dado la alcaldía del Ayuntamiento de Barcelona hoy, inspire y anime a más instituciones de aquí y de fuera a romper su complicidad con el apartheid israelí.” No será fácil. El sionismo golpea por doquier con la fuerza que le da un aparato de estado detrás y el PSC ya ha amenazado con llevarlo al pleno para echar atrás la decisión de hoy. Mientras, Almeida, del PP, ofrece Madrid para hermanarse...

¡Viva Palestina libre!

VIGO

A CIG-Saúde de Vigo reclámalle ao Sergas que cubra con prazas estruturais as vacantes existentes nos PAC 

 Na central sindical detectaron cando menos cinco vacantes de persoal médico sen ofertar con contratos de longa duración 


Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A federación de Saúde da CIG de Vigo vén de reclamarlle ao Sergas a total cobertura con prazas estruturais das vacantes existentes na actualidade nos Puntos de Atención Continuada (PAC) da área sanitaria. Na central sindical teñen detectadas cando menos cinco vacantes de persoal médico sen ofertar con contratos de longa duración, polo que solicitan tamén que estas prazas sexan ofertadas posteriormente en concurso de traslados.  

 As localidades afectadas por esta problemática son Cangas, Redondela, Val Miñor, Ponteareas e A Cañiza. “Os plans funcionais de cada centro contemplan as prazas necesarias para o seu normal desenvolvemento”, lembran.  

 Ao tempos que sinalan que no caso do traballo dos Puntos de Atención Continuada é especialmente importante a cobertura das vacantes, dado que son centros que se encargan da atención urxente da poboación en horarios de peche dos centros de saúde, e polo tanto considerados servizos mínimos. 

 Ademais, na actualmente o persoal dos PAC ten dificultades para poder gozar de días libres e permisos, “que se denegan reiteradamente ou se condiciona a súa cobertura a que sexa asumida por persoal do mesmo centro”. Polo que entenden que a falta de cobertura destes servizos podería empeorar as condicións laborais do persoal. 

 “Existe o temor de que esta situación acabe como en áreas sanitarias próximas, con problemas crónicos de descubertos, que en maior ou menor medida xa se teñen dado na nosa área”, advirten dende a CIG-Saúde de Vigo. 

 Por iso dende a central sindical defenden a necesidade de tomar medidas “dende o inicio e dende a raíz” para asegurar o bo funcionamento dos PAC e garantir a asistencia por un equipo completo de persoal médico e de enfermaría. “De nada vale parchear posteriormente empeorando as condicións laborais do persoal”, rematan.

ARCOS DE VALDEVEZ

Apoios mensais à renda Câmara Municipal elebrou primeiros contratos de Subsídio ao Arrendamento de Habitação 


O Município de Arcos de Valdevez formalizou pela primeira vez contratos de apoio ao arrendamento de habitação
Foto: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez formalizou pela primeira vez contratos de apoio ao arrendamento de habitação, com 13 famílias do concelho. Estes contratos têm a vigência de 12 meses e contemplam um apoio do Município no valor global de cerca de 25 mil euros. 

 O Subsídio ao Arrendamento é uma medida aprovada pela Câmara Municipal que visa apoiar as pessoas e famílias com mais dificuldades económicas a suportar uma parte da sua renda de casa, melhorando a gestão do orçamento familiar e contribuindo para a fixação de pessoas. 

 Este arrendamento de habitação pode ser realizados em qualquer freguesia do concelho. 

 Para aceder a estes subsídios à renda os interessados deverão apresentar a sua candidatura nos Serviços de Ação Social do Município de Arcos de Valdevez, através do preenchimento de formulário próprio a fornecer pelo referido serviço. 

 Para mais informações poderão ainda entrar em contacto através dos números de telefone:258 520 500/ 258 520 504 ou dos e-mails: geral@cmav.pt / imafonso@cmav.pt.  

 O Município de Arcos de Valdevez está a criar mais e melhores condições de acesso à habitação, concedendo apoios ao arrendamento, à construção, à reabilitação e à aquisição de habitação, bem como a conceder isenções e reduções de impostos e taxas municipais.

ARCOS DE VALDEVEZ

ARC Guilhadeses promoveu Ação de Sensibilização:  “Move-te por valores” 


Estiveram presentes mais de 140 atletas dos escalões de petizes, traquinas, benjamins, infantis, iniciados e juvenis, equipas técnicas, treinadores, direção, pais, familiares e público em geral.  
Fotos: C.M. A. de V.


 María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O ARC Guilhadeses é detentor da Bandeira da Ética desde 2019 e, nesse âmbito, organiza anualmente uma sessão ou atividade no âmbito da Ética no Desporto. 

 Este ano promoveu a Ação de Sensibilização: “Move-te por Valores” que teve como orador convidado Jorge Machado, embaixador do Plano Nacional da Ética no Desporto. 

 Jorge Machado foi atleta de Karaté medalhado. Na sua intervenção abordou temas como a violência no desporto, racismo, xenofobia e integração social, vocacionada para os jovens e para os pais. 

 Parte da sessão centrou-se nos atletas e outra foi mais vocacionada para os pais, no sentido de corrigir comportamentos em relação aos filhos e aos outros atletas, nomeadamente no emprego da não violência, descriminação e de desincentivo, no sentido de encorajar, moderar a linguagem e promover a integração em grupo.  

 Estiveram presentes mais de 140 atletas dos escalões de petizes, traquinas, benjamins, infantis, iniciados e juvenis, equipas técnicas, treinadores, direção, pais, familiares e público em geral. 

 O Presidente da direção, Eugénio Rodrigues agradeceu a presença de todos nesta iniciativa, esperando que a mesma contribua para a boa formação dos jovens com valores. Marco Cardoso, coordenador técnico da ARC Guilhadeses agradeceu a presença de todos e fez uma breve apresentação da importância da ação de sensibilização. 

 A Vereadora do Desporto do Município, Emília Cerdeira esteve presente e referiu a importância do tema no desporto, nomeadamente nas camadas jovens e enalteceu o trabalho realizado pela ARC Guilhadeses na formação. 

 O Presidente da Associação de Futebol de Viana do Castelo, Jorge Sarriá também destacou a importância da Associação na formação dos jovens ao longo dos seus 40 anos de existência, referindo que costuma dar a ARC Guilhadeses como bom exemplo relativamente à formação, certificação e Bandeira da Ética.

ARCOS DE VALDEVEZ

Município de Arcos de Valdevez renova protocolos de Ação Social  


A Câmara Municipal renovou os protocolos de colaboração com a Santa Casa da Misericórdia de Arcos de Valdevez e com a Delegação de Arcos de Valdevez da Cruz Vermelha Portuguesa

Foto: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Desde 2022 que a Câmara Municipal possui as competências em matéria de Ação Social, estando a desenvolver diversas atividades de apoio social às pessoas e famílias do concelho, nomeadamente o Serviço de Atendimento e Acompanhamento Social e o de apoio aos beneficiários do Rendimento Social de Inserção. Para o exercício destas competências a Câmara Municipal tem contado com os parceiros sociais do concelho.  

 Assim, renovou os protocolos de colaboração para prestação destes serviços com a Santa Casa da Misericórdia de Arcos de Valdevez e com a Delegação de Arcos de Valdevez da Cruz Vermelha Portuguesa.  

 Estes serviços consistem em atendimentos de primeira linha que procuram responder eficazmente às situações de crise e ou de emergência sociais, bem como num acompanhamento social destinado a assegurar o apoio, tendo em vista a prevenção e resolução de problemas sociais e o acompanhamento dos beneficiários de Rendimento social de inserção.  

 Com o exercício destas competências, o Município de Arcos de Valdevez alcança um maior apoio e proximidade com os cidadãos, nomeadamente aqueles mais carenciados, tendo em vista sempre o bem-estar e qualidade de vida da população arcuense.