ATLETISMO
Un ano máis, a Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), relaciónase cos mellores clubs sacando músculo no campionato provincial Xogade de Cros
• Con 5 medallas individuais e un ouro por equipos, en cadete masculino
Informa: Sociedade Atlética do Trega
Onte domingo, o parque de Castrelos, de Vigo, encheuse cos 735 nenas/as que ata alí foron para participar na final do campionato provincial de Xogade, que foi o filtro para poder clasificarse para o campionato galego. Acudiron os mellores escolares especialistas do panorama de Pontevedra.
O noso club tivo unha importante participación, sendo os resultados, o máis destacado da xornada. O prato forte foi a categoría cadete masculina, na cal Álex Sierpes Pereira conseguiu o título individual de campión provincial, seguido con bastante diferenza, polo seu compañeiro Alejandro Santos Adrover que tamén subiu ao pódium conseguindo a medalla de bronce nun disputadísimo final de carreira. Pero os logros non quedarían aí, porque xunto cos seus compañeiros Eric Ríos Rosario e Darío Carreiro Pérez, foron os que sumaron menos puntos conseguindo ser campións provinciais por equipos, dándolle o billete directo para disputar o galego.
Na categoría alevín, o triunfo de ouro logrouno Sergio Silva Couto, seguido de Nadia Conejo Bascoy na categoría benxamín onde conseguiu o bronce. E pechando a xornada, a 5ª medalla individual co bronce de Alan de la Fuente Maculewicz, na categoría benxamín.
Moitísimas felicidades!
Ningún comentario:
Publicar un comentario