ABERTAS ÁS INSCRICIÓNS PARA A SAN SILVESTRE GUARDESA
Homenaxe a Daniel González Adrover
• O sábado 23 de decembro, ás 11:00 horas no porto de A Guarda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O Concello de A Guarda organiza a Carreira San Silvestre Guardesa, coa colaboración da Sociedade Atlética do Trega.
Nesta ocasión, a actividade servirá de marco a unha homenaxe póstuma a Daniel González Adrover.
O evento terá lugar o sábado día 23 de decembro, ás 11:00 horas, no porto de A Guarda - Paseo Marítimo. Non será competitiva e haberá dúas opcións: A carreira absoluta, de 4 km., aproximadamente, e a andaina, de 3 km.
As inscricións xa están abertas e son de balde, podendo afectuarse premendo eiquí, (teléfono de contacto: (34) 689 737 957), ou mediante o código QR do cartel, e incluso no punto de información o día do evento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario