FÚTBOL
SEGUNDA REXIONAL
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO GONDOMAR, C.F.
• O domingo día 3 de decembro, ás 16:30 horas, no Estadio Municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Logo de traspés na xornada 13ª, no campo municipal da Mata, no Rosal, fronte ao equipo da U.D. Ribera, no que o conxunto de A Guarda encaixou un gol, a vida continúa. Tamén no fútbol. Por iso, o Sporting Guardés prepárase para recibir o domingo día 3 de decembro, ás 16:30 horas, no Estadio municipal A Sangriña, ao Gondomar, C.F..
O equipo da vila condal, con 18 puntos, logrados en 11 encontros disputados, dos cales gañou 4, empatou 6 e perdeu 1, contabilizando 18 goles a favor e 12 en contra; está situado provisionalmente, no posto 7º da táboa clasificatoria.
Pola súa banda, o conxunto de A Guarda, con 26 puntos, logrados en 13 partidos disputados, dos cales gañou 8, empatou 2 e perdeu 3, contabiliza 28 goles a favor e 15 en contra; está ubicado, neste momento no 2ª posto da clasificación, que lidera actualmente o equipo da U. D. Mos.
Dese xeito, o equipo locatario sairá ao terreo de xogo como favorito, ainda que como todos sabemos, no deporte non basta con iso, senón que terá que demostrar súa capacidade goleadora. E ainda así, non chegará con esa demostración, xa que o que conta é marcar goles na porta contraria e non encaixar - a poder ser -, ningún balón nas redes da propia.
O Gondomar, C.F., que leva tres xornadas consecutivas puntuando, vai vir ata A Sangriña coa mentalidade que corresponde, a fin de continuar seu estado de graza, que lle permita subir algún chanzo na táboa.
Con eses ingredientes, o encontro deste domingo non pode presentarse con maior emoción, motivo polo cal, os seareiros guardesistas teñen unha cita ineludible nas gradas do municipal da Sangriña, para animar ao equipo de A Guarda e desfrutar dunha tarde de fútbol das mellores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario