BAÑARSE NA PRAIA DA AREA GRANDE, O DÍA DE FIN DE ANO
• Unha salutífera tradición iniciada polos membros da Pena do Cemento
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Non figura en ningún programa de Nadal, nin tampouco ten publicidade mediática, pero sen lugar a dúbidas, o día 31 de decembro ten na vila de A Guarda, unha salutífera tradición: bañarse na praia Area Grande.
Dese xeito, dende fai varias décadas, os membros da Pena do Cemento, familiares, amigos e veciños, xúntase ao mediodía na praia Area Grande, para celebrar a data de fin de ano e desexarse todo o mellor para o ano novo. E ao mesmo tempo darse un baño nesas iodadas e saudábeis augas, moi recomendadas, dende sempre, por varios profesionais médicos, que mesmo motivaron que o dramaturgo, escritor, gastrónomo, e xornalista mindoniense don Álvaro Cunqueiro Mora, gozase delas en máis dunha ocasión, como este cronista tivo oportunidade de constatar. Quen sabe se das súas estadías na praia Area Grande puido xurdirlle á inspiración para algunhas obras da súa ampla producción literaria. Temos completa confianza de que nese singular escenario, seu maxín creou persoaxes como o vello Sinbad.
En todo caso, nesta ocasión, a auga desa fermosa cala - ao carón do Camiño Portugués pola Costa - estaba a 16 grados centígrados e fora dela, a 15, unhas temperatura óptimas para á data na que estamos. Para que logo veña alguén a adxetivar a Area Grande, de praia de "augas frías". Que llo digan a todas esas persoas que saen nas fotografías do noso prezado fotógrafo Santiago Baz Lomba, que sorrín espontáneamente, sen necesidade de que ninguén lles convide a facelo.
Nesas imaxes, está unha heteroxénea representación da sociedade guardesa: persoas veteranas - en activo algunhas delas, e outras xubiladas - profesionais do dereito, do ensino, da industria, do mar, da medicina,..., e xoves de diversas idades, mulleres, homes e nenas/os, que sen ningún tipo de reparo deciden libremente gozar da praia Area Grande, no derradeiro día de cada ano. Unha tradición que vén de moitos anos atrás, e que impulsaron os membros iniciadores da Pena do Cemento, aos que dende estas liñas, lles adicamos unha lembranza de agarimo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario