A corporación municipal de A Guarda celebrará sesión plenaria extraordinaria
Este xoves, 14 de novembro, ás 8:30 horas, no salón de plenos do Concello
Infogauda / A Guarda
Este xoves 14 de novembro, ás 8:30 horas, no salón de plenos do Concello de A Guarda, celebrarase un pleno extraordinario.
Na devandita sesión trataranse os seguintes puntos da orde do día:
1º Toma posesión concelleira Carla Lomba Quintás.
2º Acordo suplemento Crédito extraordinario nº 3. M.O. nº 137.
3º Toma razón renuncia Rodrigo Pacheco Alonso.
Pola nosa parte, queremos indicar que Carla Lomba Quintás, candidata nº 10, do Partido Popular, substitúe a Fernando Reyes González, candidato nº 6, que no período de tempo no que formou parte do goberno municipal, tivo a seu cargo a concellería de Turismo, Seguridade e Mobilidade. Súa renuncia a seu cargo de concelleiro viu motivada polo desempeño da súa actividade profesional.
Polo que respecta a renuncia de Rodrigo Pacheco Alonso, que fora no posto nº 3 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego, a persoa que cubrirá esa vacante será José Miguel Fernández Lomba, candidato nº 6 do BNG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario