ATLETISMO
LOLI MARTÍNEZ VICENTE, PROCLAMOUSE SUBCAMPIOA DE GALICIA DE MARCHA
No XVI Campionato Xunta de Galicia de marcha en pista de inverno, na categoría máster 50
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
A atleta María Dolores Martínez Vicente (Loli), do Rosal, vén de lograr o subcampionato galego de marcha na categoría máster 50, no XVI Campionato Xunta de Galicia de marcha en pista de inverno.
A nosa marchadora, desprazouse ata A Pobra do Caramiñal (A Coruña) para participar no Estadio Municipal da Alta, onde se disputou devandito campionato. Fixo 5.000 metros marcha, parando o crono en 38:55.02, levándose a prata.
Felicidade Loli!
Ningún comentario:
Publicar un comentario