CONCERTO DE CORAIS "UNINDO POBOS"
• O domingo 3 de decembro de 2023, ás 20:30 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Dous pobos con idénticas orixes (culturais, económicas, sociais,...), como Póvoa de Varzim (Portugal) e A Guarda (Galiza), teñen, desde fai algo máis de un ano, un motivo máis - e non menor - para estreitar súas ancestrais relacións. Co acordo de irmandade adoitado en 2022, tanto pola Câmara Municipal de Póvoa de Varzim como polo Concello de A Guarda, faise necesario levar a bó termo actividades de todo tipo, que acrecenten eses vencellos provenientes desde fai moitos anos. Nesa liña, e a xeito de conmemoración do primeiro aniversario dese acordo de irmandade, imos ter oportunidade de desfrutar cun intercambio cultural, -neste caso, un concerto de corais -, que leva por título xenérico "Unindo Pobos".
O evento celebrarase este domingo día 3 de decembro de 2023, ás 20:30 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, e contará coa participación do Coro Juventil Pró-Música, de Póvoa de Varzim, e o Coro Cantábile, de A Guarda.
Ademais, o concerto conta coa colaboración da Càmara Municipal de Póvoa de Varzim e do Concello de A Guarda,
O Coro Cantábile, dixirido por Avelino Ferreira López, ten previsto interpretar ás seguintes obras:
• Signore delle cime, de Giuseppe (Bepi) de Marzi.
• Hallelujah, de Leonard Cohen.
• Al-di-là, de Mogol.
• Señor me cansa la vida. (Letra: Antonio Machado; música: Juan Alfonso García).
• Te quiero. (Letra: Mario Benedetti; música: Liliana Cangiano).
• Bella Ciao, de Mishka Ziganoff.
• Coro dei Pompieri, de Guido & Maurizio De Angelis.
• Feliz Navidad, de José Feliciano.
• Jingle Bell Rock, de Bobby Helms.
Dirixido por Rui Silva, o Coro Juvenil Pró-Música, interpretará o seguinte programa:
• Siyahamba. (Arranxos: Adam Paltrowitz).
• Baba Yetu, de Christopher Tin.
• The Lord Bless You and Keep You, de John Rutter.
• Ave Verum, de Karl Jenkins.
• Ave María, de William Gómez.
• I Believe, de Mark Miller.
• Carol of the Bells, de Mykola Leontovych.
• Oh holy nigth. (Arranxos: Mark Brymer).
Na procura de chegar á maior audiencia posible, o programa, como podemos comprobar, é variado e acolle diversos estilos musicais, o que prevemos vai incentivar á asistencia de moitas persoas que gostan apreciar este tipo de concertos.
CONCERTO NATAL E AMIZADE
Por outra banda, podemos avanzar que o vindeiro día 10 de decembro, ás 19:00 horas (de Portugal), na igrexa da Misericordia, de Póvoa de Varzim, actuarán o Coro Cantábile e o Coro Juvenil Pró-Música. Será o Concerto Natal e Amizade, que vai enmarcado no devandito intercambio cultural (irmandade Póvoa de Varzim - A Guarda), e a súa vez, na conmemoración do 50 aniversario (1973 - 2023) de elevación á cidade de Póvoa de Varzim.
Ningún comentario:
Publicar un comentario