24 de nov. de 2023

A GUARDA

 ROMARÍA DE SANTA CATALINA

Este domingo, 26 de novembro, ás 12:30 horas, na ermida da Cruzada



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Ainda que súa festividade cadra no día 25 de novembro, os membros da Comisión de Festas de San Caetano programaron para este domingo día 26, a romaría de santa Catalina - que no santoral figura como Catalina de Alexandría -, mártir cristiá, do século IV, que está incluída entre os santos auxiliadores, sendo invocada contra a morte súbita.

 Catalina de Alexandría está considerada como patroa dos escolares e estudiantes, filósofos, prisioneiros, mozas casadeiras, barbeiros, arrieiros, muiñeiros, fiandeiras, ciclistas,...

 Os actos comezarán ás 12:30 horas, na ermida de san Caetano, na Cruzada (A Guarda), coa celebración dunha misa, e ao remate da mesma, procesión polo barrio.

 Finalmente, no atrio da ermida, servirase chocolate de balde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario