31 de out. de 2023

TUI

X Camiñada Solidaria 2023 

O domingo 12 de novembro, ás 09:00 horas, desde o aparcadoiro do campo de futbol de Ribadelouro




Andatui / Tui

 O domingo 12 de novembro realizaremos a X Camiñada Solidaria 2023 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.

 Este ano a Camiñada Solidaria levarémola a cabo na parroquia de Ribadelouro, xa que nos acercaremos ás inmediacións das covas da Trapa onde espeleólogos do Clube Maúxo nos falarán da segunda cova granítica máis importante de Europa.

 Esta pequena ruta circular, de percorrido fácil, ten unha distancia aproximada duns 6 quilómetros.

 É moi importante sinalar que en ningún momento accederemos ao interior das covas da Trapa, simplemente achegarémonos ás inmediacións e alí os espeleólogos nos falarán das covas. O acceso ás covas só é recomendado a espeleólogos expertos.

 A visita comezarémola desde o aparcadoiro do campo de futbol de Ribadelouro, ás 09:00 horas.

IMPORTANTE

 Para participar só hai que inscribirse no formulario de inscricións e aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros. Alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.

 Toda a información e formulario de inscricións en www.andatui.es 

Ningún comentario:

Publicar un comentario