31 de out. de 2023

TOMIÑO

AS CONCELLEIRAS DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE DE TOMIÑO ESIXEN DA CONCELLEIRA DE CULTURA A RETIRADA DAS MANIFESTACIÓNS DISCRIMINATORIAS, E DESCULPAS PÚBLICAS Á VECIÑANZA


En primeiro termo, as dúas concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no pleno do Concello de Tomiño

Agrupación do PSdeG-PSOE de Tomiño

 O pasado xoves día 26 celebrouse sesión plenaria en Tomiño, onde, entre outras cuestións, debateuse unha moción do Grupo Municipal doPSdeG-PSOE contra a explotación sexual e a trata de mulleres e de nenos e nenas, que foi aprobada, coa abstención do grupo Popular, tal como fixo no Parlamento Galego.  

 As concelleiras socialistas votaron a favor da moción do grupo nacionalista en defensa da sanidade pública, deixando moi claro que é insuficiente e que foi precisamente o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE quen,  hai máis de 3 anos levou á pleno a problemática da sanidade pública no noso Concello cunha batería de medidas a tomar para previr o que está a acontecer. Daquela, o único que recibimos foi un portazo e a negativa absoluta para traballar conxuntamente para defender  a nosa sanidade pública, manifestan as socialistas.  

 Votamos a  favor da moción presentada polo PP sobre medidas de apoio ao comercio local. Recordamos que nunca aprobamos os orzamentos municipais, entre outras causas, pola partida insuficiente e ridícula de 5.000€ para o comercio local. “Parécenos incomprensible que para todo o comercio de Tomiño se destinen 5.000€, fronte aos máis de 40.000€ que recibe o mercado municipal ou mesmo os 16.000€ investidos nun estudo de viabilidade para o de Goián a día de hoxe".

 As concelleiras socialistas móstranse contrarias a este tipo de políticas que pretenden converter en centros comerciais as prazas de abastos, discriminando o comercio de proximidade. "Non sirve para moito ter unha praza con certificado de excelencia se o comercio local agoniza e morre diante dos nosos ollos", afirmou Violeta de Santiago.  

 Tamén prantexaron as concelleiras do PSdeG-PSOE, como vén sendo habitual, numerosas preguntas e rogos. Entre outras, a falta de zona de carga e descarga na oficina de Correos, de Goián, ou o arranxo do camiño TOM-118 no Mosteiro. Despois de 8 meses da modificación de créditos para financiar esa obra, a día de hoxe segue sen executarse, o que, por moita burocracia que poida haber, parécenos excesivo. 

 Afeáronlle ao goberno a falla de transparencia na comunicación aos veciños e veciñas sobre o período de alegacións á modificación puntual do PXOM, pois a tan só unha semana de rematar o prazo  publicouse en redes sociais, o que provocou que a maioría dos propietarios non tiveran coñecemento e causou que non poideran alegar en tempo e forma.  

 Afearon tamén a utilización da aplicación Liña Verde como un método de propaganda do goberno, propio doutros réximes, cando esa non é a finalidade de dita aplicación. 

 Expuxeron as concelleiras socialistas o malestar causado na ANPA de Tebra coa organización das actividades extraescolares, debido a toma de decisións arbitrarias sen ningunha xustificación nin motivo aparente, o cal, provocou un agravio, unha desigualdade e a renuncia considerable de usuarias e usuarios na actividade, o que repercutiu nunha peor conciliación das familias, debido á pésima xestión deste goberno municipal.  

 Preguntaron tamén polas bonificacións para que colectivos vulnerables poidan asistir a actos culturais que neste Concello son de pago. A contestación, propia de outros tempos, foi: "Que tamén existen actuacións gratuítas para a cidadanía que poida ter problemas económicos". O que na práctica significa: "Que si tes cartos podes gozar da cultura  en xeral, pero se non e así tes que adaptarte ao que se oferta de balde". Outra vez este goberno está  provocando desigualdades entre a veciñanza, o que é inaceptable para as concelleiras socialistas, que defenden unha cultura universal para todos e todas, sen que ningunha situación económica supoña un obstáculo para acceder a ela. Non quedaron aí as desafortunadas palabras da concelleira de Cultura, chegando a dicir, ante a nosa  perplexidade e incredulidade,  "que non entende por qué as persoas con capacidades diferentes deban ter descontos para os actos culturais municipais".

 Logo destas declaracións, as e os socialistas de Tomiño, esixen "a retirada das mesmas así como a petición de desculpas públicas a todas e todos os veciños". Ningún cargo público que se supón, ocupa o seu lugar para mellorar a vida das persoas, debe facer este tipo declaracións, pois non so demostran falta de solidariedade e empatía co colectivo, senon que ofenden ao conxunto da veciñanza de Tomiño. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario