Espectáculo familiar de teatro, maxia e circo este martes en Mougás
O Centro Cultural de Mougás vai acoller este martes 31 de outubro, ás 17:30 horas, a obra ‘Heinrich: aprendiz de mago’
Infogauda / Oia
Achégase o Samaín e, con el, algunhas propostas culturais pensadas para toda a familia. O Centro Cultural de Mougás vai acoller este martes 31 de outubro, ás 17:30 horas, a obra ‘Heinrich: aprendiz de mago’. Trátatase dun espectáculo infantil da compañía Simplemente Enricco no que o teatro se combina coa maxia e o circo.
A obra forma parte da iniciativa Tornar ás Táboas, a programación teatral da Deputación de Pontevedra. Ademais, conta coa colaboración do Concello de Oia e a Asociación de Veciños de Mougás.
O protagonista da historia é Heinrich, un mago algo desastroso ao que lle comezarán a acontecer algunhas cousas misteriosas e inexplicables. Impresionantes xogos malabares, arriscados equilibrios e incluso unha estrutura de funambulismo na que Heinrich logrará levitar son algunhas das sorpresas que agocha este orixinal espectáculo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario