MÁIS PERSOAL, FORMACIÓN ESPECÍFICA E ESPAZOS AXEITADOS. SANIDADE E POLÍTICA SOCIAL CULPABLES
Comité de Empresa da consellaría de Política Social da provincia de Pontevedra
O Comité de Empresa da consellaría de Política Social da provincia de Pontevedra, concentrouse hoxe diante do Edificio Administrativo da Xunta en Vigo para RECLAMAR MÁIS PERSOAL E ATENCIÓN AXEITADA PARA PERSOAS MAIORES E PARA AS PERSOAS DE EXCLUSION SOCIAL.
Despois dos feitos acaecidos no CRAPD Vigo 2 na última fin de semana de agosto, e , xa fartos de denunciar as situacións que se dan nos centros de maiores ( agora centros de atención a persoas dependentes) polo ingreso nos mesmos de usuarios/as con patoloxías psiquiátricas e/ou con adiccións concentraronse para reclamar máis persoal, atención axeitada e especializada para cada tipo de usuarios, espazos adecuados; en xeral atención digna e de calidade con condicións de traballo tamén dignas e sen medo para o persoal que depende de Política Social.
Estamos fartos de que sempre se nos trate como persoal de segunda/terceira categoría; de que a nosa Consellaría non nos valore e de que Función Pública o permita. Pois ata aqui chegamos; agora NON NOS IMOS CALAR E NOS IMOS PARAR DE MOBILIZARNOS.
Xa denunciamos os feitos na prensa no seu día, acudimos a fiscalía e estamos a espera de noticias, tentaremos reunirnos coa Xefatura e a Secretaría Xeral; pero queremos que se tomen medidas efectivas XA, non nos sirve con que se solucionen os problemas puntualmente e mal ( trasladando o problema a outras traballadoras que pola súa precaridade laboral non van protestar) Os/as concentrados/as portaban carteis coas frases:
.- A FALTA DE PERSOAL FAI PERIGAR A NOSA INTEGRIDADE.
.- ATENCIÓN AXEITADA E ESPECIALIZADA PARA CADA PATOLOXÍA.
.- POLÍTICA SOCIAL E SANIDADE CULPABEIS DA MALA ATENCIÓN A PERSOAS MAIORES E PACIENTES PSIQUIÁTRICOS.
.- POLA POSTA EN VALOR DO NOSO TRABALLO.
.- QUEREMOS IR A TRABALLAR SEN MEDO.
Seguiremos comunicando as próximas accións que levemos a cabo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario