29 de set. de 2023

TUI

 O VII Supercross Cidade de Tui reunirá a máis de 70 pilotos

• Este sábado, 30 de setembro, desde ás 11.00 horas, nas instalacións Offroad de Rebordáns


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na presentación do evento
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 O Motoclub Randufe, en colaboración co Concello de Tui, organizará mañá sábado, 30 de setembro, nas instalacións Offroad de Rebordáns, o VII Supercross Cidade de Tui. Participarán máis de 70 pilotos de Galicia e Portugal, nas distintas categorías do evento.  

 A partir das 11.00 horas e até as 14.00 horas, celebraranse os adestramentos oficiais, e ás 16.00 horas comezará a competición nas distintas categorías, para nenos e nenas, con motos de 50 centímetros cúbicos, 65 cc e 85 cc, e para maiores de 18 anos, as categorías serán amateur, élite e Pro.  

 O formato de supercross consta dunha pista con saltos e curvas, onde os pilotos terán que dar voltas en modo competitivo.  

 Destacar a presenza de Román Pérez, varias veces Campión de España e instrutor de Jorge Prado, actual campión do Mundo. O piloto local Thiago Rodríguez, competirá na categoría de 65 centímetros cúbicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario