7 de set. de 2023

TOMIÑO

Atraccións con horario sen son nas Festas do Alivio de Tomiño  

Concello, Comisión de Festas e a Asociación "Un Máis", promoven este espazos para que todos os nenos e nenas poidan desfrutar  

Será o domingo 10 de setembro de 16.30 a 19.00 horas  


Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Tomiño ultima os detalles das súas tradicionais Festas do Alivio, que este ano contarán cunha tarde de atraccións feirais sen música nin megafonía.  

 O Concello, a Comisión de Festas da Nosa Señora do Alivio e a Asociación "Un Máis", de nais, pais, familiares e amigos de persoas con TEA do Baixo Miño, promoven unha iniciativa para reducir os niveis de ruído e facilitar que as persoas con hipersensibilidade auditiva ou calquera outro trastorno que produza problemas sensoriais poidan tamén gozar das atraccións e da festa. 

 Deste xeito, o domingo 10 de setembro de 16.30 a 19.00 horas tomiñeses e tomiñesas poderán gozar de dúas horas de atraccións sen son, música ou megafonía e non se realizará ningunha actividade que prexudique ou desfavoreza o uso e desfrute das atraccións e actividades por parte das persoas con sensibilidade acústica. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario