"Enerxías renovables. A eólica en Galicia. Realidade e futuro”
Este sábado 9 de setembro, ás 10.30 horas na Casa Forestal de Valdarca (Santa María de Oia)
Plataforma Turonio / Oia
A Plataforma Turonio organiza este sábado 9 de setembro a xornada "Enerxías renovables. A eólica en Galicia. Realidade e futuro”, a cal se desenvolverá na Casa Forestal de Santa María de Oia con programación en horario de mañá e de tarde.
A iniciativa concíbese como unha xornada de intercambio de experiencias e de reafirmación nas posicións en contra do proceso de depredación eólica que está a vivir Galicia. A través de diferentes intervencións e mesas redondas, persoas vinculadas ao mundo da investigación, o asociacionismo e o activismo ambiental e cultural compartirán as súas achegas.
A xornada comezará ás 10.30 horas na Casa Forestal de Valdarca (Santa María de Oia)* e a asistencia é libre e de balde. A programación inclúe a celebración dun xantar comunal, para o que cada persoa asistente deberá levar a súa propia comida e bebida.
*Coordenadas da Casa Forestal: GPS: 41.9993 N, -8.8559 O (41º59'57" N, 8º51'21" O).
DETALLE DO PROGRAMA:
• 10.30h. BENVIDA E PRESENTACIÓN DA XORNADA
-Xosé A. Rodríguez, "Xúster" (Plataforma Turonio e presidente da comunidade de montes de Oia)
• 11.00h. SESIÓNS DA MAÑÁ
-"POR UN NOVO MODELO ECONÓMICO, ENERXÉTICO E SOCIAL". Juan Hermida (IEM).
-"NOVO PARADIGMA NO ESTUDO DE PROXECTOS EÓLICOS". Bruno Centelles (Rede Galega Stop Eólicos, IEM, SOS Groba).
-"O PLAN SECTORIAL EÓLICO DE GALICIA (PSEG). MARCO ADMINISTRATIVO-XURÍDICO". Ana Varela (Asociación Petón do Lobo).
-12.30 Pausa/descanso.
-"ECONOMÍA DAS ENERXÍAS RENOVÁBEIS. DOS EFECTOS INDIRECTOS Á PARTICIPACIÓN COMUNITARIA". Xavier Simón (director do Observatorio Eólico de Galicia, OEGA).
-"MOBILIZACIÓN CIDADÁ. DO ASOCIACIONISMO LOCAL AO TRABALLO COOPERATIVO ". Aranza González (Plataforma Aire Limpo As Mariñas - Mandeo)
• 14.00h. XANTAR COMUNAL.
• 16.00h. SESIÓNS DA TARDE
-"DO IRIBIO AO ACIBAL. REPÍTESE A HISTORIA". Nery Díaz (Ecoloxistas en Acción Galiza “Atlántica e Verde”).
-"A EÓLICA MARIÑA EN GALICIA: PRESENTE E FUTURO". Torcuato Teixeira (Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños).
- Mesa redonda e debate.
• 18.00h. CLAUSURA DA XORNADA.
-Xosé Lois Vilar (SOS Groba e IEM).
Ningún comentario:
Publicar un comentario